10/6/23

VISITAMOS A HORTA DO COLE

O xoves fixemos unha visita guiada pola horta do cole. 

A profe Maite e varias nenas de 4º explicáronnos unha chea de cousas sobre as plantas que temos na horta. Logo, fixemos un percorrido vendo as diferentes plantas á vez que nos poñían a proba con preguntas sobre elas. 

Vimos leitugas, pementos, berenxenas, patacas, amorodos... e ata collemos chícharos e ulimos as plantas aromáticas. 

🍆🍅🍓🌿🌹









Tamén nos contaron para que serve o pluviómetro


Ademáis, o venres trouxéronnos a clase unha sorpresa: un agasallo en forma de pasatempos sobre as plantas.

ENCANTOUNOS TODO!

💚

No hay comentarios:

Publicar un comentario