21/1/24

O TRASNO DO VILAVERDE: DÍA DA PAZ E SALÓN DO LIBRO

Apareceu un trasno no colexio! Aquí podedes ler a súa historia:

Deseñaremos entre as clases do colexio uns complementos que lle darán ao trasno poderes máxicos, cheos de valores positivos. 

As clases de segundo xuntámonos para ler a historia e descubrir o noso complemento: NARIZ E LENTES MÁXICAS!

Logo, realizamos unha chuvia de ideas de poderes que poderíamos elixir. Cando xa tiñamos unhas cantas propostas, votamos as que máis nos gustaron.


Despois, escribimos e decoramos o acordado. Fixémolo individual e tamén fomos saíndo axudar a facer o traballo do nivel. 


O día da Paz, leremos o traballiño cos nosos complementos e os poderes máxicos que os acompañan! 

Este día tamén cantaremos e signaremos a canción "Los niños queremos la PAZ". Deixámola por aquí para que a practiquedes

:

Por último, teremos que crear a cabeciña do trasno, o NARIZ e as LENTES. Cando xa estea listo, formarase un libro máxico que acompañará ao trasno o 23 de febreiro ao Salón do Libro.


 


PREPARAMOS OS NOSOS TEATRIÑOS

Logo de escribir en equipo os diálogos, chegou o momento de darlle vida aos personaxes.

Preparamos unhas MÁSCARAS para as e os protagonistas de cada historia.

Agora só queda practicar e representar os teatriños, QUE GANAS!


 

LAPBOOK DE AVES! 🐦

As clases de 2º buscaron información sobre diferentes aves coas tablets do cole. 

Con todos os datos lidos e seleccionados, prepararon uns lapbooks super chulos. 

2ºB xa os rematou, mirade algunhas fotos do proceso:




 

14/1/24

COMEZAMOS O TRIMESTRE: ESCRIBIMOS EN EQUIPO!

Para dar a benvida ao segundo trimestre, limos na clase o libro LA GRAN NEVADA, cheo de valores positivos sobre o traballo en equipo. Algunhas nenas e algúns nenos foron saíndo como contacontos.
 


Paramos a lectura no momento xusto de coñecer a solución que buscan os animaliños ó seu problema. Así, cada equipo tivo que pensar nunha solución e escribir un final ao conto seguindo unhas pautas sinxeliñas.

 Se todas as persoas do equipo remataban de escribir, podían pasar a decorar os seus xerseis  abrigadiños. E por que xerseis? Teredes que ler o conto! 😏😘