15/2/23

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA, preparamos un experimento no laboratorio do cole.

Falamos dos pasos do método científico e completamos estas parte na clase:

  • PREGUNTA
  • HIPÓTESE
  • MATERIAIS
  • PASOS A REALIZAR

Subimos ó laboratorio e varias nenas narraron os pasos a seguir.

Logo cada equipo puido realizar o seu experimento.

Por último, falamos dos resultados observados e reflexionamos sobre eles. Tamén aproveitamos para propoñer solucións que podemos aplicar na casa. De volta na clase debuxamos o resultados e escribimos de forma resumida o que aprendimos.

🔬🌊 


 

UN CARIÑO PARA AS PERSOAS QUE MÁIS QUEREMOS!

Nas clases do Proxecto Competencial seguimos a traballar emocións e habilidades sociais importantes.

Coma en todas as clases, comezamos resolvendo os problemas que atopamos no noso buzón. Esta semana escribíronnos pedindo axuda por un conflicto de patio debido a problemas para establecer quendas nos xogos. Falamos entre todos posibles solucións:

  • avisar a unha profe de garda no recreo.
  • falar o problema.
  • facer pequeno xogo de quendas. Propuxeron e cantaron varios: pedra-papel-tesoria, avión japonés, pito-pito-gorgorito, zapatito azul etc. En posteriores clases de galego practicaremos novas lerias coas que organizar as quendas.

Algúns nenos estiveron a rematar as mensaxes motivadoras que imos colgar polo cole (próximamente novidades), pero como moitos xa as tiñan listas, deseñaron mensaxes de cariño para aquelas persoas que queren moito. Case todos propuxeron a papá, mamá, avós, irmáns.... Mirade que bonito! 💕:


 


8/2/23

QUEN É QUEN? 👀

O alumnado de primeiro está a practicar moito a descrición de persoas.

Logo de aprender partes do corpo en galego, redactaron unha descrición guiada deles mesmos. Incluímos físico, personalidade e tamén gustos e intereses. Aproveitamos para falar da diversidade e do respeto polos demáis.

En castelán volveron poñer en práctica o aprendido e escribiron novas descricións, pero esta vez secretas xa que tiñan que elixir a un neno ou nena sen dicir quen. 

Unha vez listas, na seguinte sesión xogamos a percorrer a clase silenciosamente escoitando música. Ó parar o son, debían sentar no pupitre máis próximo, ler a descrición posta nesa mesa e intentar acertar a persoa. Tamén observaron diferentes formas de resolver as tarefas e valoraron que os traballos estivesen completos e ben feitiños coas pautas dadas.



MEDIMOS O NOSO CORPO 💪📏

Aproveitamos o proxecto do corpo humano para aprender un pouco sobre a lonxitude. 

Primeiro fixemos medicións guiadas con palmas, pés e mans.  Reflexionamos ó ver que as medidas cambiaban ó ter diferente tamaño de pé ou man.

Na seguinte sesión realizamos medidas grupais da altura e partes do corpo utilizando cintas métricas. 

Seguiremos facendo medicións sinxelas para practicar máis!



6/2/23

PICASSO E O DÍA DA PAZ

 As clases de 1º preparamos o día da Paz realizando diversas actividades:

  • Falamos da orixe do día.
  • Comentamos que é a PAZ, reflexionamos sobre a súa importancia, de formas de mantela e conseguila.
  • Decoramos pombiñas da paz con mensaxes persoais e unha grupal.
  • Aprendemos os símbolos da Paz e fixemos manualidades con eles (pulseiras da Paz, pombas da paz para decorar a porta, colgantes da Paz...)
  •  Falamos de Picasso e dalgúns dos seus cadros máis importantes relacionados con este día (Pombas de Picasso, Guernica).
  • Celebramos con todo o cole o día da Paz cantando e bailando a canción que nos ensinou a profe Lola!








Pero ollo! Temos que aprender que a PAZ non se celebra só un día. A PAZ debe estar presente todos os días e nós somos os encargados e encargadas de conseguila: escoitándonos, respetándonos, axudando, coidándonos, falando con boas palabras ... 💓 É importante ter isto moi presente.
 

Contos con valores 💖

Ola a todas e todos!

Hoxe os nenos e nenas de 1º recibiron a visita de Sonia, unha mamá que nos veu a ler dous contos que nos gustaron moito:

  • QUÉ BIGOTES ME PASA? Un conto que trata as diferentes emocións dunha maneira divertida e danos un exemplo de como identificalas e xestionalas.
  • TU CUERPO ES TUYO. Un libro fantástico para abordar a sexualidade cos máis pequenos e previr abusos.

Moitas gracias Sonia, un pracer terte na aula.




 💖

1/2/23

DESCRIBIMOS PERSONAXES FAMOSOS

 Os nenos e nenas de 1º continúan traballando o corpo humano. Nesta ocasión aproveitamos a nosa visita semanal á aula de informática para traballar as descricións físicas.

Por parellas, o alumnado escolleu a súa persoa famosa para facer unha pequena descrición empregando o procesador de textos. Recordamos que as frases empezan en maiúscula e rematan en punto. Mesmo se animaron a empregar comas (,).

Entre os personaxes famosos saíron nomes como: Shakira, Aitana, Messi, Michael Jackson e ata algún membro dos Beatles! 🎧🎤🎺🎹🎸🎷🎵🎶🎼