27/10/23

PREPARANDO O SAMAÍN 🎃

Achégase o Samaín e por 2º xa andamos cos preparativos para celebralo.

Limos algúns dos cocos e monstros do Samaín en Galicia e fixemos varias actividades con eles:

 -Conto coa meiga dos dentes verdes.


-Diálogo entre a meiga e o gatipedro para representar no noso teatriño. Fixemos tamén uns monicreques para a posta en escena.


-Descoramos o corredor e as nosas portas con seres máxicos da mitoloxía galega.



 -Escribimos a descripción dun trasno e debuxámolo.

-Compartimos e lemos libros de Samaín.

-Practicamos vocabulario en galego e en LSE. Este vídeo está feito por IRIA  a intérprete en LSE do noso cole.

 -Tamén ensaiamos a canción en LSE que cantaremos e bailaremos no DÍA DO SAMAÍN !!! Xa queda pouco.

Deixámola aquí para que practiquedes.

ENCHÉMONOS A LER!

 

Estamos moi contentas e contentos porque temos unha chea de libros para ler!!! 

O alumnado de 2º está a traer da casa libriños que lle gustan para compartir coa clase. Aínda que temos a nosa biblioteca de aula, estas recomendacións dos compañeiros  e compañeiras está a ter moito éxito.

Imos presentándoos, lemos un pouquiño de cada un e vanos lendo cando rematan tarefas.

En nada empezaremos a nosa sesión semanal de biblioteca,  máis e máis libros chegarán a nós!

26/10/23

CONTACONTOS DE MEDO!

 Esta semana recibimos unha sorpresa en forma de.... CONTACONTOS TERRORÍIIIFICOS! 

O alumnado de 5º e 6º preparou a lectura duns contiños de medo. 

Estivemos todos moi atentos á historia e a todo o que nos preguntaron ó rematar.

 

Gustounos moito, volvede por 2º!

13/10/23

A HISTORIA DAS NOSAS FAMILIAS

 O mural do noso proxecto vai tomando forma, mirade que chulo:


 Imos cada día expoñendo as fotos e as historias que gardan detrás. É xenial para compartir experiencias, practicar o galego e os membros da familia que estamos a aprender. Ademáis, comprobamos o paso do tempo con diferentes tipos de fotografías que nos trouxo Olivia: en branco e negro, fotografía que se facía nas escolas co mapa de España de fondo ... xa temos ao mestre Ramiro tamén no noso mural💛

Gracias ás familias pola vosa colaboración.

DÍA INTERNACIONAL DA PARÁLISE CEREBRAL

 O pasado 6 de outubro foi o Día Internacional da Parálise Cerebral. Dende Amencer-ASPACE  ofrecéronnos realizar unha actividade moi especial 💫

Alumnado do centro Amencer veu ó noso cole para compartir unha mañá coas clases de segundo. Foi unha mañá cargada de emoción e na que realizamos varias actividades. 

Contáronnos o conto Leotolda, participou todo o alumnado de Amencer que nos visitou, mesmo puidemos axudar premendo nuns pulsadores para activar sons do conto.

Aquí estivemos moi atentos a cómo funcionaba o sistema de comunicación empregado polos nenos e nenas de Amencer.


 Ó rematar, puxémonos mans a obra para crear un cadro  co que queríamos representar que XUNTOS PODEMOS CREAR UN MUNDO MELLOR. Mirade que chulo (xa o temos colgado no corredor do cole).

 

Tamén tivemos tempo para coñecer ás nenas e nenos e xogar con eles nos seus dispositivos de comunicación. 


Finalmente, intercambiamos agasallos:

-Dende Amencer-ASPACE regaláronnos unhas chapas para lembrar o día Internacional da Parálise Cerebral.

-Nós entregámoslle a CAIXA DOS CARIÑOS. Durante a semana preparamos cartas de presentación, debuxos, pegatinas e mensaxes cariñosas para o alumnado de AMENCER. Gardamos todo nunha caixa que decoramos coas nosas sinaturas.

Moitas gracias a Mónica pola iniciativa e ó resto de mestres e alumnado de AMENCER-ASPACE. Esperamos poder volver colaborar con vós. 💗 FOI UNHA EXPERIENCIA QUE NON ESQUECEREMOS 💗

Deixamos aquí xornais que recolleron a noticia:

- LA VOZ DE GALICIA

- PONTEVEDRA VIVA

 


A FAMILIA E AS AMIZADES

Esta semana tocou ler un conto titulado No necesito amigos.  Logo de lelo, pensamos e comentamos sobre como facer amigos e sobre as cousas boas que nos aportan as amizades. 

Ó rematar, preparamos por fin as pulseiras da amizade! 



 

XOGADE

 As clases de 2º participamos nunha carreira organizada por Xogade. Aínda que houbo algún problemiña técnico, finalmente fixemos a carreira en Moaña. Viaxamos ata alí, merendamos con boas vistas e dimos o mellor de nós na carreira. 

Xiana foi a primeira das nenas, Leo V. e Leo M. quedaron tamén entre os 8 primeiros da súa categoría, menudos atletas!