24/2/24

SAÍDA A TENORIO E XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP DE TENORIO

Para celebrar que rematamos o proxecto das AVES, fomos a Tenorio visitar un galiñeiro. Lita, a nosa afitriona preparounos un percorrido do máis completo:
  • Coñecemos ás galiñas e ó galo Juan. Démoslle de comer e visitamos o galiñeiro 5 estrelas no que durmen.











  • Vimos a horta, fixámonos cómo nacen as fresas, puidemos ver o proceso:




  • Visitamos a casa de Lita, onde ten millo almacenado, ensinounos máquinas para debullalo:

  • Os veciños de Tenorio enteráronse de que o noso novo proxecto é MÁQUINAS E INVENTOS e invitáronnos ver un ferreiro. Alí vimos aparellos e ferramentas para traballar cos metais:


  • Démoslle a Lita un bonito agasallo pola paciencia e ilusión co que nos ensinou todo.



Logo fomos ata o CEIP de Tenorio onde nos agasallaron cunha merenda e cunha xornada de xogos compartidos co alumnado de 1º e 2º de Tenorio. Ata personalizaron os carteis que explicaban cada xogo. Pasámolo xenial!





Por último, intercambiamos agasallos de agradecemento. As clases de 2º do Vilaverde preparámoslle unha caixa cun libriño para cada clase de 1º e 2º, tamén fixemos marcapáxinas e asinamos na caixa. Nós recibimos  unhas chapas chulísimas personalizadas con Lampi e a mascota de Tenorio.


Pero, sen dúbida, o maior agasallo foi compartir o día con novos nenos e nenas,  facer amizades e aprender con todo o que nos ensinaron.

 Damos as gracias a Lita e a todo o equipo do CEIP de Tenorio por facer posible esta experiencia.



DÍA DE ROSALÍA

Nas clases de 2º conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA lendo un pouquiño sobre ela.

Logo descubrimos cal será a actividade vertical que faremos todo o cole: UN BOSQUE POÉTICO. Traballaremos o poema Din que non falan as plantas, cada curso escribirá uns versos no debuxo dunha póla de árbore, engadiremos flores e a decoración que nos guste. Despois expoñeremos os traballos fóra do colexio, formando entre todos un bosque poético co poema elixido.


De momento lemos e comentamos o poema, pareceunos algo difícil, pero intentámolo. Tamén escribimos un resumo do aprendido sobre Rosalía. Ademáis, creamos rosas con plastilina 🌹






IRIA PRESÉNTASE EN 2º

Iria, a intérprete de Lingua de Signos do colexio, visita as clases de 2º e singa para nós o libro NOS TRATAMOS BEN.


Logo de signalo, reflexionamos sobre a mensaxe do libro e Iria ensínanos a signar unha serie de sentimentos e accións relacionadas coa historia.


En posteriores sesións crearemos un corazón xigante  con mensaxes relacionados co libro lido.. Farémolo con 1º, que tal quedará?

Gracias Iria por vir visitarnos e pasar un ratiño con nós.

💙

7/2/24

XOGADE EN PORTAS!

Un dos grupos de 2º quedou clasificado na anterior carreira de XOGADE  e puido participar de novo nun Cross en Portas.

Pasárono xenial, desexando repetir 👏👏🏃 




3/2/24

LIBRIÑOS RECOMENDADOS DESTE MES

Este mes limos na clase varios libriños cos que fixemos varias actividades de expresión escrita relacionadas. Deixámosvolos por aquí por se os queredes recordar:

Un patito sin suerte

 O Papón


El día que los crayones renunciaron


 
El ladrón de hojas

 

La gran Nevada (nesta ligazón poderedes ver un PDF co comezo do conto)

 

Tamén seguimos coa lectura de FELIZ FEROZ, O LOBIÑO RIQUIÑO, ao alumnado de 2º estalle a gustar moito! 🐺


EXPERIMENTO SOBRE O CICLO DA AUGA E VÍDEOS PARA REPASALO

Xa imos rematar o proxecto das aves, así que nos puxemos mans á obra cun experimento sobre o ciclo da auga.

Os fenómenos atmosféricos inflúen moito nas aves e noutros animais, por iso aprendemos sobre eles. Deixamos aquí algún vídeo para repasar:

 


Despois de facer o experimento, escribimos nun guión cos pasos do método científico.

1. PREGUNTA E HIPÓTESE

2. MATERIAIS EMPREGADOS

3. PASOS DO EXPERIMENTO

4. RESULTADOS E CONCLUSIÓNS

Agora queda esperar uns días para ver resultados.

💦

 

XEOMETRÍA CON PLASTILINA

Estamos a repasar diferentes contidos de xeometría. Usamos plastilina para practicar as formas, mirade:


 


FAMILIA DE ÁGUEDA: A LENDA DO MOURO DE MOURENTE

Aproveitando que o Entroido o imos centrar na MAXIA e SERES MÁXICOS, o pai de Águeda contounos unha lenda moi especial xa que a localización desta historia é nada máis e nada menos que MOURENTE!

Disfrutamos moito coa lenda e tamén con todo o que aprendemos dela: que é e onde está o Picoto, que misteriosa estatua hai na igrexa de Mourente, mesmo escoitamos unha cantiga tradicional relacionada coa lenda. Aquí vos deixamos información se a queredes repasar na casa:

Tamén escribimos e decoramos o retrouso da cantiga! 

Días despois, Águeda ensinou na clase un bonito traballo sobre O Picoto con fotografías deste lugar feitas por ela mesma. ENCANTOUNOS!

👏💜👏

 

 

TALLER COAS FAMILIAS PARA ELABORAR DISFRACES: AVES FÉNIX

 Este curso o tema do Entroido no noso colexio é a MAXIA 💫. As clases de 2º decidimos relacionar este tema co proxecto no que estamos a traballar: AS AVES. Así pois, o noso disfraz será dunha criatura mitolóxica: AVE FÉNIX.

Aproveitamos para ler a lenda da Ave Fénix e aprender un pouco sobre este ser fantástico.

Pedimos a colaboración das familias para axudarnos na elaboración do disfraz. Disfrutamos de dúas mañás cheas de compañía 💓 As familias traballaron moito, recortaron, coseron, axudáronnos a realizar os complementos do disfraz... Mesmo se animaron a traer MÁQUINA DE COSER! 




Queremos gradecer a todas as familias que asistiron e tamén as que non puideron vir pola súa implicación e colaboración. 

💓💓



COMEZAMOS A FACER O TRASNO! ✂📰🔨

Como xa temos por escrito os complementos máxicos, agora só queda darlle forma con diferentes materiais.

En segundo fixemos a cabeciña con bolas de papel de xornais. Logo usamos a técnica de papel maché para endurecelo. Paco tamén se animou a axudarnos, GRACIAS PACO!


Engadimos un nariz, uns ollos e unhas lentes, deixámolo ben simpático!

Pasámosllo ós seguintes cursos para que continuaran coa parte do corpo e complemento correspondente.

Nuns días teremos que pintar e decorar a cabeza, que tal quedará? 

💚💚💚💚

DÍA DA PAZ 🕊

Esta semana celebramos o Día da Paz. Xuntámonos todo o colexio para cantar e signar en LSE a canción que preparamos coa mestra Lola e que moito practicamos!

 



Tamén presentamos os nosos complementos máxicos: LENTES FUTURISTAS E NARIZ DETECTA MENTIRAS. Poderedes ver e ler o resultado final no Salón do Libro!

 

Por último, realizouse o sorte máxico para elixir o nome do trasno. Saíu:

VILATRASNO!