Continuamos aprendendo sobre a mentalidade de crecemento e a gran importancia que ten o esforzo e a perseverancia.
Cada mércores expoñemos por quendas unha habilidade ou unha actividade que practiquemos.... Contamos cando a realizamos, que é o que máis e o que menos nos gusta, que temos que facer para mellorar nela etc.
As estrelas do día que foron saíndo son:
Iria : escolleu o Kárate, preparou un vídeo que nos encantou no que nos ensina varios pasos. Logo practicámolos na clase.
Águeda: escolleu o fútbol, contounos que o practica moito co seu curmán e que pouco a pouco vai mellorando.
Olivia: escolleu as manualiades, falou especialmente do modelado con arxila.
Zoe: escolleu o baile, contounos unha chea de cousas e ata practicamos con ela uns pasos moi divertidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario