29/9/23

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS XORDAS

Mañá, 30 de setembro, celébrase o Día Internacional das Persoas Xordas.


 Dende o cole estamos comprometidos coa inclusión, este ano estamos a traballar moito a Lingua de Signos coa que dar resposta á diversidade do noso alumnado.

Como xa comezamos o proxecto "A historia das nosas familias" , dende segundo estamos a practicar varias palabras en LSE. Déixámosvos un vídeo co que podedes repasar dende casa o aprendido no cole:


REGLETAS A MONTÓN

 Este ano contamos con bastantes regletas, así que puxémonos mans a obra con elas.

Estivemos experimentando con elas e co seu valor. Os nenos e nenas de segundo fixeron varias dinámicas en equipo con elas. 

Continuarán aprendendo e practicando!




 

A IMPORTANCIA DA AMIZADE

Este curso seguiremos traballando as emocións e os valores necesarios para unha boa convivencia.

Coa axuda dunha caixa misteriosa, collemos tarxetiñas con emocións e xogamos a adiviñalas usando só xestos. Saíulles xenial e lograron explicar tamén un sentimento e capacidade moi importante: A EMPATÍA.

 

Ademáis, a profe Susi preparounos un contacontos co que aprendemos e disfrutamos moitísimo. Contounos a historia da bruxa Gertrudis e o valor da amizade. A próxima semana faremos as pulseiras da amizade que acompañaban a dinámica. GRACIAS SUSIIII




OBSERVAMOS VELUTINAS

 Boas a todas e todos!

Esta semana unhas nenas de primeiro viñeron ás nosas clases ensinarnos unha vespa velutina e o seu avispeiro.

Ademáis, explicáronnos un pouco sobre estes bechos.

GUSTOUNOS MOITO



 


19/9/23

PRIMEIRAS SEMANAS NO NOVO CURSO

Ola a todas e todos!

Estas primeiras semanas o alumnado de segundo estivo moi ocupado preparando o novo curso. Tadi e Josefina sacamos fotos ás agachadas mentres as cativas e os cativos estaban traballando, mirade que cousiñas fixeron:


Xogaron coas titoras Carmen e Silvia e coas novas profes, Nieves e Susi, a pasarse o balón e ir respondendo preguntas rápidas para aprender nomes e coñecerse.


Logo chegou unha carta nosa, acordábanse moi ben de nós!

Foi momento tamén de ler uns libriños, un deles viña cunha mensaxe moi especial. 


Creamos equipos e nomeámolos. Comentamos que un equipo é como unha pequena familia, neles  todas e todos son  diferentes, pero todas e todas se axudan a respetan sempre.  

Para traballar esta idea, usamos o conto LAS CASAS DEL MUNDO. Por equipos deseñaron as súas casas-equipo  e as normas de convivencia que son importantes nelas.



Repasamos as normas, por equipos xogamos a representalas, as profes van preparar carteis coas nosas fotos para a clase, xa veredes que chulos!



Seguimos tamén coas rutinas de mentalidade de crecemento, haberá obxectivos semanais que valoraremos a final de semana. Se os conseguimos, recibiremos un cerebrito!



Tamén limos diarios de verán.


 Difrutamos con contos como o Hilo invisible e actividades relacionadas:


 Xogamos e fixemos unha chea de cousas máis.


Seguiremos informando da nosa aventura por 2º!


6/9/23

XA ESTAMOS EN 2º!

Nenas e nenos......XA ESTAMOS EN 2º!!!!

As profes esperámosvos o luns con moita ILUSIÓN e cheas de GANAS

Tadi e Josefina tamén vos queren ver e compartir con vós novos proxectos para este curso.

BICOS A MONTÓNS, VÉMONOS O DÍA 11

💙💗💚💛💜