20/6/23

TALLER DE CÓMICS COA MAMÁ DE ADRIANA!

Estes últimos días están dando para moito. Onte tivemos a visita de Natalia, a mamá de Adriana. 

Xa viñera fai unhas semanas a lernos un libro e contounos que ten un traballo moi molón: traballa para unha editorial que se dedica exclusivamente aos cómics.


Primeiro explicounos un pouco en que se diferencian os cómics dos libros de texto. Falounos das viñetas, bocadillos, onomatopeas; tróuxonos varios exemplos de cómics... 


E por último, cada nena e neno creou o seu propio.
















Moitas gracias pola visita, Natalia!

💗📚





No hay comentarios:

Publicar un comentario