17/3/24

FAMILIA DE LEO: ARQUITECT@S POR UN DÍA!

A semana pasada desfrutamos moito coa visita de Cristina, nai de Leo. Compartiu con nós un libro moi especial cheo de edificios, cidades e lugares sorprendentes:

Leunos sobre unha catedral feita de cartón, rañaceos construidos con adobe, un barrio baixo terra.... quedamos abraiados! Como ela é arquitecta, ensinounos moitas cousas sobre a construción e os diferentes materiais cos que se pode edificar. Falamos das cidades e vilas, e da importancia de ter zonas peatonais e verdes coas que poder desfrutar e xogar. 



Aproveitando que estamos cos inventos, as máquinas e os aprellos, puxémonos mans a obra e os equipos crearon con pezas de lego diferentes edificios.  Cada grupo decidiu unha forma e deseño.

Quedaron unhas construcións moi interesantes. Agora xa temos toda unha cidade en 2º!



 

Moitas gracias, Cris polo teu tempo e por esta proposta tan chula, ENCANTOUNOS!

INVENTOS E MOITA LECTURA E ESCRITURA

Neste novo proxecto sobre os INVENTOS estamos a ler sobre diferentes máquinas e aparellos, á vez que practicamos a lectura e a escritura con diferentes tarefas.

Xa limos sobre científicas e científicos, sobre inventos como a roda ou o avión, fixemos esquemiñas co lido, textos de opinión sinxelos, alongamos e creamos oracións con inventos, mesmo escribimos sobre un robot  cheo de funcións sorprendentes!



Ademais, moitos compañeiros e compañeiras animáronse a traer da casa pequenas investigacións e manualidades sobre inventos da súa interese. Imos colocando todos os traballiños no corredor, en breves amosarémosvos o resultado.

De momento deixamos por aquí libriños que limos e compartimos na clase que poden ser de utilidade, tamén algún vídeo:

 




MULTIXOGOS CO ALUMNADO DO CEIP MARCOS DA PORTELA

A semana pasada participamos nunha actividade de Xogade. Esta vez tivo lugar no noso colexio!

Pasamos unha mañá moi divertida compartindo xogos co alumnado de 2º do CEIP Marcos da Portela. 

Xogamos ás estatuas, ó brilé, á araña e a moitos máis! Aquí vos deixamos algunhas fotiños:


👟🎵🏀🏃

11/3/24

XA ESTÁ LISTO O BOSQUE POÉTICO DE ROSALÍA

 E así quedou o bosque poético cos versos de Rosalía de Castro decorados polas clases. 





MULLERES NA CIENCIA, CONMEMORAMOS O 8M

Para conmemorar o 8M todo o colexio  reflexionou sobre a igualdade de xénero, limos sobre mulleres científicas e cada nivel preparou un experimento. 

O experimento elixido por 2º foi o fluído  non Newtoniano.

Nuns días amosaremos a montaxe coas aportacións de todas as clases.




ÓRBIL NO COLEXIO 📗 VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

Este ano, pasouse ORBIL polo colexio para saudarnos e avisarnos de que o Salón do Libro estaba a piques de comezar. Papou libros da biblioteca e fixo trasnadas cunha varita máxica, ía vestido de mago!


As clases de segundo disfrutamos dunha mañá no Salón do Libro. Disfrutamos coa contacontos Sherezade Bardají acompañada dun personaxe moi especial SERAFINA! ENCANTOUNOS, aproveitamos a idea para escribir na libreta.




Tamén realizamos un percorrido guiado polas exposicións. Alí saúdamos a VILATRASNO e ata sacamos unha fotiño con el.