23/12/23

ÚLTIMO DÍA DE TRIMESTRE: XA ESTÁ AQUÍ O NADAL

 O xoves 21 tivemos unha mañá chea de actividades coas que pechar o primeiro trimestre!

🎄MANUALIDADES E XOGOS ENTRE AS DÚAS CLASES:



 


🎄PREPARAMOS AS BADALADAS: Vimos o vídeo que nos preparou o alumnado de 6º, repasamos o carillón, os cuartos e as 12 badaladas!

🎄BADALADAS NO PATIO:

🎄CHOCOLATE E ROSCA, ÑAAAAAM!: con decoración incluída do mantel, mirade que chulo


🎄VISITA DO APALPADOR CON MÚSICA DO COMBO


🎄BAILE FINAL DE NADAL, REPARTO DE NOTAS E AGASALLOS!

 

BO NADAL, NENAS E NENOS DE 2º!


FAMILIA DE ZOE: MODELAMOS E PINTAMOS ADORNOS DE NADAL !

Esta semana a familia de Zoe preparounos un obradoiro do máis interesante

O primeiro día empregamos barro para modelar e fixemos figuriñas. O papá de Zoe explicounos a importancia de cocelo logo a alta temparatura nun forno especializado.

Coas figuriñas prepará un collage, vai quedar chulísimo!

 

Ó día seguinte pintamos uns adornos de Nadal que Zoe e o seu pai prepararon con pasta de modelar. Zoe explicounos o proceso para deixar a figura do reno no adorno. Pintamos por parellas e isto fíxonos traballar máis aínda a convivencia e a axuda entre iguais.




QUEDAMOS DO MÁIS CONTENTAS E CONTENTOS! MIL GRACIAS POLO VOSO TEMPO E POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS  💗😍🌟🌟🌟

 

 

15/12/23

XA TEMOS LISTAS AS POSTAIS DE NADAL 💌

Xa temos listas as postais! 

🎄Limos exemplos de postais e repasamos as partes.
🎄Escribimos un borrador no caderno da nosa postal.
🎄Pasamos a limpo as mensaxes na nosa cartolina.




🎄Decoramos a postal baseándonos no estilo de Picasso, usamos figuras xeométricas e recortes de diferentes papeis.

🎄Agora só queda o intercambio! Que sorpresa haberá? Quedan poucos días para sabelo, que nervios!


PROXECTO AVES: DECORACIÓN DE NADAL CON PAXARIÑOS E PAISAXES

As aves están por todas partes, ata nas nosas portas decoradas para Nadal!

🐤Vimos imaxes de varias aves e aprendemos o seu nome

🐥Logo, decoramos algunhas delas intentando imitar as súas cores. Finalmente, usámolas para decorar as nosas árbores, nas follas están escritos os nomes de cada ave.

Mirade cómo van quedando:




🐣Tamén probamos a pintar paisaxes de inverno con tiza. Agora temos as ventás moi navideñas, mirade:







PROXECTO AVES: PASAPALABRA DE AVES, EXPOSICIÓNS E INVESTIGACIÓNS

🐔Esta semana investigamos un pouquiño sobre as aves con axuda dos libros que as profes nos deixaron da biblioteca. 




🐔O noso compañeiro André preparou un pasapalabra de aves. Estaba feito ó detalle, ata as piezas do rosco tiñan 3 cores: azul, verde se acertabamos e vermello se a resposta era incorrecta. 

Probámolo nunha sesión escribindo o título do xogo e o nome das aves por cada letra do abecedario. Tamén buscamos imaxes dalgunhas das aves.

A verdade é que aínda acertamos bastantes. Pasáron un rato xenial!


GRACIAS ANDRÉ POR ESTE SUPER XOGO! 💚

🐔Nenas e nenos foron traendo os seus traballiños sobre aves, todos chulísimos. Gracias a todas e a todos pola participación!


PROXECTO AVES: AS FÁBULAS 🐦

Sabías que hai moitas fábulas que tratan de aves? As clases de segundo repasamos o que é unha fábula e lemos algunha sobre aves. Ata fixemos un truquiño de maxia (houbo que intentalo varias veces jijiji)

Tamén  escribimos a nosa fábula cun pavo real de protagonista.

Por último, fixemos coa técnica do origami un pavo real chulísimo:










LIBRIÑOS RECOMENDADOS DA SEMANA

Estas semanas limos na clase estes libros que nos recomendaron Lucas, André, Nicolás, Diana e Alicia

Recordade o feitizo para practicar na casa:

TOC, TOC

QUEN É?

UN CONTO QUE EMPEZA Á DE TRES

UN, DOUS, TRES!





En proxecto competencial tamén limos e comentamos un libro moiiiiiii feroz:




6/12/23

ACHÉGASE O NADAL!

Achégase unha época do ano que nos gusta moito en 2º : O NADAL!

Estas semanas traballaremos esta festividade e o noso novo proxecto AS AVES, dous temas que nos gustan moito.

Iremos informando das tarefas realizadas, de momento xa estamos mans á obra coas postais, este ano van con sorpresa:

                                       🎄💖🎄


Deixámosvos tamén este vídeo tan chulo que preparou IRIA a intérprete de LSE do cole:



VÍDEO DO COLE: BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA

Aquí poderedes ver o vídeo cos cadros creados polas diferentes clases para o 25N, só tedes que premer na ligazón:

BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA

 


 

 

1/12/23

FAMILIA DE ZOE: CONTOS CONTRA O ACOSO!

Fai uns días, tivemos a sorte de desfrutar coa visita da mamá de Zoe. 

Preparou unha sesión de contacontos con dous libriños moi especiais:




Despois da lectura, a mamá de Zoe fíxonos preguntas para reflexionar sobre as importantes mensaxes das historias que nos leu:

-Pedir axuda cando presenciamos ou sufrimos un problema non é chivar, é buscar apoio. É un acto moi valiente.

-É moi importante dicir PARA cando alguén se mete con nós.

-Hai que deixar xogar a todas as nenas e nenos, nos xogos hai que cumprir as normas e tratarnos con respecto. Se isto non sucede hai que pedir axuda.

-Se presenciamos un conflito, pelexa, problema etc. non podemos quedar mirando sen actuar, é bo avisar, pedir axuda.





Despois do pequeno debate, tocou unha actividade de convivencia: A ESTRELA DAS BOAS MENSAXES. 

En pequenos grupos recibiron unha estrela que decoraron co seu nome. Logo, ó son da música foron rotando polas demais estrelas escribindo características positivas das compañeiras e compañeiros. 

Formaron CONSTELACIÓNS cheas de mensaxes bonitas.






Levaron para casa este bonito recordo 

🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟


Moitas gracias mamá de ZOE polo tempo

compartido con 2º, ENCANTOUNOS!!!!!!!







23/11/23

BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA 💜 25N 💜

Para conmemorar o 25 de novembro, todo o colexio estamos a traballar co cadro O Grito de Edvar Munch.

Con esta obra intentamos concienciar ó alumnado sobre a importancia de pedir axuda e dicir BASTA para frear a violencia contra as mulleres. 

Aquí deixamos un resumo do noso traballo:

Aprendemos un pouco sobre a obra e o autor. Falamos do arte como medio de expresión dos sentimentos. Por se queredes repasar:

Coa información anterior, escribimos un pequeno texto sobre o autor e a obra O Grito. Fixámonos nas maiúsculas, puntos e comas, escritura dos anos etc.






Pintamos o cadro personalizándoo un pouquiño. Engadimos o título e varios BERROS CONTRA A VIOLENCIA: