20/5/23

VISITA DUNHA FAMILIA: O TESOURO MÁIS PRECIADO

 O venres disfrutamos moito co conto que nos leu a mamá de Erika. 

Elixiu un conto que nos explicou que todas e todos temos un gran diamante dentro de nós, pero ese diamante hai que coidalo moito e ás veces máncase cando nos falan mal ou nos pegan. Por iso é moi importante valorarlos e respetarnos.

Logo do conto, deseñamos os nosos diamantes!


 Aprendemos moito e pasamos un rato moi bo con esta mamá! GRACIAS POR VIR



VISITA DUNHA FAMILIA: PLANTAMOS XIRASOIS 🌻

🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 

A seguinte parte do proxecto do terceiro trimestre trata sobre as plantas que tanto observamos nas paisaxes que nos rodean.

Tivemos a sorte de comezar este novo apartado coa visita da mamá de Iria. 

Contounos unha chea de información sobre os xirasois. Ademais, axudounos a plantar sementes de xirasol nos recipientes que trouxemos da casa. 















 Tamén nos agasallou cun memory de xirasois.

Un pracer contar coa súa compañía!



E por último, decoramos os nosos maceteiros!

🌺🌺🌺🌺🌺🌻🌻🌻🌻🌻🌻






 

CERTAME DE POESÍA POLAS LETRAS GALEGAS 2023

 

O venres celebramos o Certame de Poesía do cole.

O alumnado de 6º de Primaria foi encargado de presentar o acto.

Aquí deixamos unhas fotiños dos gañadores das tres clases (en 1ºA faltou Alma, a súa compañeira Zoe ofreceuse para recoller o seu diploma, Gracias Zoe!)


 

12/5/23

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS

 Achéganse as Letras Galegas e por primeiro estamos a aprender sobre o autor homenaxeado este ano: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

Despois de ler e comentar unha lectura sobre a súa vida, descubrimos a actividade vertical do cole: crear entre todo o centro un tendal literario coas diferentes profesións deste polifacético autor.

A primeiro tocounos a súa faceta de xornalista, lemos sobre isto e logo o resumimos na nosa prenda.

 Menudos artistas!


 

VISITA DUNHA FAMILIA: 3 CONTOS ESPECIAIS

 Fai unha semana, disfrutamos coa visita dunha mamá que nos contou tres contos moi especiais.

Cun deles convertémonos en detectives, estivemos moi atentos á lectura e ás ilustracións para poder descubrir o ladrón de pasteis.

Con outro coñecimos un personaxe moi peculiar, Camuñas!

Por último, reflexionamos, gracias a unha medusa algo enfurruñada, sobre como xestionar os enfados.

 




REMATAMOS PARTE DO PROXECTO DA PAISAXE

Xa rematamos a primeira parte do proxecto sobre paisaxes, plantas e flores. 

Para poñer fin a ese apartado, realizamos as nosas maquetas coas formas do relevo aprendidas. As maquetas están quedando moi ben!



 

DE VISITA NO GADIS!

Como xa sabedes, estamos co proxecto das paisaxes e como parte delas, están as cidades e os seus comercios. 

Veunos xenial facer unha visita ó GADIS e así  percorrer as beirarrúas, fixarnos nos elementos urbanos e aprender moito con todo o que nos contaron alí.

Faláronnos dos  alimentos e os seus nutrintes, tamén nos fixeron un roteiro polo supermercado e os seus apartados: charcutería, pescadería, froitería, lácteos etc.

Por último, déronnos un agasallo: bolsiñas de tea con auga e froita!