30/5/23

O NOSO CORPO POR DENTRO!

Acordádesvos da visita dunha familia que nos ensinou o noso corpo por dentro? 
Pois aquí vos deixamos unha recompilación das fotos que sacamos. 

MOLAN MOITO!💓

20/5/23

VISITA DUNHA FAMILIA: O TESOURO MÁIS PRECIADO

 O venres disfrutamos moito co conto que nos leu a mamá de Erika. 

Elixiu un conto que nos explicou que todas e todos temos un gran diamante dentro de nós, pero ese diamante hai que coidalo moito e ás veces máncase cando nos falan mal ou nos pegan. Por iso é moi importante valorarlos e respetarnos.

Logo do conto, deseñamos os nosos diamantes!


 Aprendemos moito e pasamos un rato moi bo con esta mamá! GRACIAS POR VIR



VISITA DUNHA FAMILIA: PLANTAMOS XIRASOIS 🌻

🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 🌻 

A seguinte parte do proxecto do terceiro trimestre trata sobre as plantas que tanto observamos nas paisaxes que nos rodean.

Tivemos a sorte de comezar este novo apartado coa visita da mamá de Iria. 

Contounos unha chea de información sobre os xirasois. Ademais, axudounos a plantar sementes de xirasol nos recipientes que trouxemos da casa. 















 Tamén nos agasallou cun memory de xirasois.

Un pracer contar coa súa compañía!



E por último, decoramos os nosos maceteiros!

🌺🌺🌺🌺🌺🌻🌻🌻🌻🌻🌻







 

CERTAME DE POESÍA POLAS LETRAS GALEGAS 2023

 

O venres celebramos o Certame de Poesía do cole.

O alumnado de 6º de Primaria foi encargado de presentar o acto.

Aquí deixamos unhas fotiños dos gañadores das tres clases (en 1ºA faltou Alma, a súa compañeira Zoe ofreceuse para recoller o seu diploma, Gracias Zoe!)


 

12/5/23

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS

 Achéganse as Letras Galegas e por primeiro estamos a aprender sobre o autor homenaxeado este ano: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

Despois de ler e comentar unha lectura sobre a súa vida, descubrimos a actividade vertical do cole: crear entre todo o centro un tendal literario coas diferentes profesións deste polifacético autor.

A primeiro tocounos a súa faceta de xornalista, lemos sobre isto e logo o resumimos na nosa prenda.

 Menudos artistas!


 

VISITA DUNHA FAMILIA: 3 CONTOS ESPECIAIS

 Fai unha semana, disfrutamos coa visita dunha mamá que nos contou tres contos moi especiais.

Cun deles convertémonos en detectives, estivemos moi atentos á lectura e ás ilustracións para poder descubrir o ladrón de pasteis.

Con outro coñecimos un personaxe moi peculiar, Camuñas!

Por último, reflexionamos, gracias a unha medusa algo enfurruñada, sobre como xestionar os enfados.

 




REMATAMOS PARTE DO PROXECTO DA PAISAXE

Xa rematamos a primeira parte do proxecto sobre paisaxes, plantas e flores. 

Para poñer fin a ese apartado, realizamos as nosas maquetas coas formas do relevo aprendidas. As maquetas están quedando moi ben!



 

DE VISITA NO GADIS!

Como xa sabedes, estamos co proxecto das paisaxes e como parte delas, están as cidades e os seus comercios. 

Veunos xenial facer unha visita ó GADIS e así  percorrer as beirarrúas, fixarnos nos elementos urbanos e aprender moito con todo o que nos contaron alí.

Faláronnos dos  alimentos e os seus nutrintes, tamén nos fixeron un roteiro polo supermercado e os seus apartados: charcutería, pescadería, froitería, lácteos etc.

Por último, déronnos un agasallo: bolsiñas de tea con auga e froita!




 


CONTOS POLA IGUALDADE CON RAQUEL QUEIZÁS

Tivemos a sorte de asistir a unha sesión de contacontos en mans de Raquel Queizás. Narrou tres contos cheos de ensinanzas sobre a igualdade entre homes e mulleres.

 Fíxonos disfrutar moito, rir e aprender!


 

VISITA DUNHA FAMILIA: LEMBRAMOS O CORPO HUMANO USANDO AS TICS

Foi xenial recordar o tema do corpo humano coa colaboración dunha familia que compartiu con nós unha camiseta de realidade virtual. Con ela puidemos ver o interior o corpo: as costelas, o corazón, os pulmóns... e ata vimos cómo se movían os intestinos!

Tamén empregaron un cubo de realidade virtual no que un moneco chamado Mr. Body nos explicou cousiñas do corpo humano. 

Ademáis, tiveron con nós un detalle moi especial: regaláronnos a todas e todos unha caixiña de cores personalizada e á profes unha super axenda decorada 💜

UNHA PASADA DE FAMILIA!

 

BOSQUE DA ESPERANZA

As clases de primeiro plantamos 100 árbores no Monte da Fracha. Fixémolo con axuda de varias familias!

Repoboamos a zona con carballos, piñeiros, bidueiros e sobreiras.

 

Foi un pracer participar neste proxecto tan bonito e importante. Se queredes saber máis, botade unha ollada a estas ligazóns:

NOTICIA NO FARO DE VIGO

MÁIS NOTICIAS