23/4/23

VISITA DUNHA FAMILIA: COCIÑANDO COA TERMOMIX!

 Tivemos o pracer de contar coa visita dunha mamá de primeiro que nos preparou toda unha clase de cociña saudable.

Trouxo con ela a súa axudante Silvia, os ingredientes necesarios e unha máquina moi interesante: a Termomix. Varios nenos e nenas foron saíndo botando os ingredientes nas cantidades que lle ía indicando o robot.

Prepararon dúas receitas moi saudables, sinxelas e saborosas:

  • Unha mousse de fresa
  • Unha pizza de xamón e queixo.

A pizza deixámola no forno e mentres baixamos a clase. Á hora de recoller levamos un anaquiño que nos soupo xenial, temos que repetir!

Gracias ás familias por animarvos a vir 💜

 






Emocións e mentalidade de crecemento

As clases de primeiro realizaron un obradoiro de emocións impartido pola Fundación Mafre. A verdade é que gustou bastante, especialmente o emonstruito Fofi que nos deixou unha frase que estamos a usar moito "non convertas un problemiña, nun problemón". 

 Logo do taller, falamos sobre o aprendido, decoraron a clase cos emonstruitos , témolos moi presentes na aula!

 

Tamén estamos a traballar a mentalidade de crecemento con diferentes dinámicas:

  • O crecemento é como un músculo que podemos facer medrar.
  • Falamos de deportistas, cantantes, científicas, actores/actrices ... das súas habilidades e do esforzo que tiveron que realizar para lograr os seus obxectivos.
  •  Aprendemos frases que axudan a medrar o noso cerebro e creamos un lapbook con elas.
  • Decoramos a porta con carteis feitos polo alumnado e con estas frases de crecemento.
  • Visionamos a curta de Piper, reflexionamos sobre a mensaxe, a perseverancia, o esforzo etc. e debuxamos ó protagonista.
  •  Próximamente organizaremos exposicións sobre as nosas habilidades e cómo fixemos para desarrollalas.

XOGOS DE PLANTAS E MOITOS OUTROS

Dous compañeiros de primeiro compartiron con todos uns xogos que nos veñen xenial para o proxecto : un memory e un xogo de cartas sobre plantas.

Aproveitamos para organizar unhas sesións de xogos e de paso practicar a escoita activa, as quendas, a frustración cando se perde e o volume (isto último costa algo máis).

Deixamos unhas fotiños e un vídeo de como xogar ós 10 lobitos.


 Temos pendiente facer unha versión sinxela do xogo de Semente!


TALLER DE PEGATINAS CON 6º

Moi contentos e contentas de contar coa axuda do alumnado de 6º que veu ás clases de primeiro a realizar un obradoiro de pegatinas.


 

MOITA XEOMETRÍA!

O alumnado de primeiro rematou estas semanas de aprender cousiñas sobre as rectas e as as figuras planas.

Xogamos a realizar rectas verticais, horizontais e diagonais coa Serpe Clemente, debuxámolas axudándonos da regra e logo pasamos a coñecer as figuras que se formaban coa unión de varias liñas rectas. 

Como estamos co proxecto das paisaxes, debuxamos paisaxes con figuras xeométricas.

Tamén empregamos os xeoplanos para realizar diferentes actividades:

  • xogo da finca e o cabalo
  • xogo de adiviñar letras  (con liñas rectas)
  • crear diferentes tipos de triángulos, cuadrilácteros e pentágonos.
  • crear figuras con pivotes dentro e sen pivotes dentro
  • crear figuras variadas
 
Ademáis, crearon os seus tangrams  e fixemos xogos variados:
  • clasificación das figuras xeométricas que forman o tangram
  • formar figuras de animais
  • formar figuras variadas
  • formar figuras a partir dun modelo en negro, sen ver as cores


Por último, aprendemos que é a simetría, empregamos espellos e mesmo deseñamos marcapáxinas para o Día do Libro cunha bolboreta que tiña que ser simétrica en forma e cor.