Nas clases de Proxecto Competencial retomamos os momentos de relaxación. Nos trimestres anteriores aprendemos algunhas técnicas. Neste último, como estamos coas plantas, utilizamos a técnica do xirasol 🌻:
1ºSomos a semente: cada neno e nena séntase cos ollos pechados. Respiramos tranquilos uns minutos escoitando música suave.
2ºA planta medra: cando a profe para a música, ímonos levantando pouco a pouco como se medrase a planta, imos estirando os brazos cara arriba e collemos aire.
3ºÁbrense os pétalos: soltamos o aire á vez que abrimos as mans en abanico como se fósemos un xirasol cos seus pétalos.
PRACTICÁDEO NA CASA, XA VEREDES QUE RELAXANTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario