O pasado venres disfrutamos coa compañía da mamá de Alicia. Leunos dous libros xeniais que nos encantaron.
Antes de comezar coa lectura, Alicia e a súa mamá repartiron unhas invitacións ao espectáculo de contacontos, mirade que chulas:
O primeiro foi Solo en casa. Rimos moito coa historia e coas voces tan divertidas que ía poñendo a mamá de Alicia, fíxonos estar mooooi atentos.
O seguinte conto, La llave de los sueños, foi moi especial xa que tiña a dedicatoria da autora. Ademais, falaba dun truco xenial para soñar: a chave dos soños.
💜📗🎉
No hay comentarios:
Publicar un comentario