23/11/23

BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA 💜 25N 💜

Para conmemorar o 25 de novembro, todo o colexio estamos a traballar co cadro O Grito de Edvar Munch.

Con esta obra intentamos concienciar ó alumnado sobre a importancia de pedir axuda e dicir BASTA para frear a violencia contra as mulleres. 

Aquí deixamos un resumo do noso traballo:

Aprendemos un pouco sobre a obra e o autor. Falamos do arte como medio de expresión dos sentimentos. Por se queredes repasar:

Coa información anterior, escribimos un pequeno texto sobre o autor e a obra O Grito. Fixámonos nas maiúsculas, puntos e comas, escritura dos anos etc.






Pintamos o cadro personalizándoo un pouquiño. Engadimos o título e varios BERROS CONTRA A VIOLENCIA: 





25N 💜


Achégase o 25N e o alumnado de segundo estamos a aprender e reflexionar sobre os tipos de violencia contra as mulleres, as formas de resolver conflitos de forma pacífica, a importancia de pedir axuda... unha chea de cousas.
Por aquí vos deixamos un resumo dalgunhas actividades que realizamos ó longo da semana:
  • Contiños na clase e na bilbioteca, sempre acompañados dunha boa reflexión. Cun deles ata pintamos as uñas!




  • Decoramos pulseras do 25N, falamos sobre as frases e símbolos que incluían as pulseras. Fixémoslle unha a Oscuritas!





VAIA RITMO!

 Neste mes de novembro asistimos a unha obra chea de ritmo. Pasamos un bo anaco rindo e bailando ó son dos pasos que nos marcaban os personaxes da obra. MOI DIVERTIDO!

🎹🎸🎶🎵🎼




13/11/23

TÍRALLE DA LINGUA!

O alumnado de 2º imos participar no concurso TÍRALLE DA LINGUA.


Puxémonos mans á obra para preparar a nosa historia:

Cada equipo debía encargarse dunha parte do conto, escribíndoa no seu caderno.

Logo, con axuda das profes, xuntamos todos os fragmentos. Fomos engadindo conectores, revisando se había palabras repetidas etc.

Despois, engadimos un título e unhas frases de inicio e final.

Por último, repartiremos o conto, aprenderemos os fragmentos e gravarémonos!

COMO SAIRÁ!???!!

💜💜💜💜💜💜💜


UN POUQUIÑO DE RITMO PARA REPASAR

Esta semana poñémoslle fin ó proxecto A HISTORIA DA NOSA FAMILIA. Faremos actividades finais, valoraremos o aprendido e prepararemos unhas portadas ben chulas! Ahhh e non esquecemos a sorpresa que nos espera a próxima semana en mans dunha mamá moi colaboradora.

Además do repasiño dado na clase, deixamos por aquí algunhas cancións que vos poden axudar a repasar.