As nenas e nenos de primeiro tivemos o pracer de visitar a Misión Biolóxica
Alí recibíronnos cun xogo co que disfrutamos moito. Formamos equipos e intentamos buscar unha serie de pezas necesarias para resolver a misión: unha semente, millo, verza, frasco con sementes...
Unha vez atopadas as pezas, formamos o puzzle. Nel tivemos que buscar debuxos e escribir a letra correcta, a palabra resultante foi BIODIVERSIDADE: variedade de especieis vexetais e animais dun ecosistema.
Logo merendamos e xogamos polo xardín.
A última actividade foi moi interesante. Fomos camiñando ata unha finca chea de carballos (Quercus) europeos, asiáticos e americanos. As follas destas especies son moi diferentes entre sí, polo que fomos collendo unhas pouquiñas de cada unha. Con elas faremos no cole uns cadriños enmarcados que encargou a Misión Biolóxica para nós 💚
Tivemos a gran sorte de contar con científicos e científicas que están a traballar na Misión Biolóxica e que nos dedicaron o seu tempo. Ademáis, dous destes científicos son papás de nenas de primero: GRACIAS PAPÁ DE OLIVIA E PAPÁ DE XIANA!
Agora queda esperar a súa próxima visita para montar xuntos estes fermosos marcos.
GRACIAS POLA EXPERIENCIA 🍃🌳🌱
No hay comentarios:
Publicar un comentario