Hoxe realizamos a acollida do alumnado de 5 anos que pasará a 1º o próximo curso.
Os nenos e nenas fixemos unha exposición das cousiñas que deben saber para empezar en primeiro: o uso da axenda, os estoxos e as libretas, os recantos creativos e zonas de xogo, a asamblea sen alfombra, a merenda no patio...
Así pois, os nenos e as nenas de infantil foron pensando e contando desexos que lle gustaría cumplir en primeiro: aprender a ler e a escribir en minúsculas, aprender a facer sumas e restas máis difíciles, facer máis amigos, levarse ben cos compañeiros/as ...
Unha vez contados os desexos, pintaron cos seus dediños e foron deixando os desexos en forma de huellas nos debuxos de dente de león. Por último, sopraron mooooito, mooooito para que se cumprisen todos os propósitos.
ESTAMOS SEGUROS QUE SE CUMPRIRAN TODOS, TODIÑOS. GRAZAS POLA VISITA E O TEMPO XUNTOS!
🌼🌼🍃🍃
No hay comentarios:
Publicar un comentario