22/6/23

SUXESTIÓNS PARA O VERÁN 🌞🌊

Boas nenas e nenos de primeiro!

Deixámosvos por aquí varias actividades e xogos dixitais cos que poderedes practicar algúns contidos traballados durante o curso.

Mundo Primaria

Aula PT: se premedes en cada un, descárgase un Power Point interactivo 

Padlet de Siembra Estrellas con moitos xogos interactivos . Moi recomendable!

Topworksheets para 1º

Educanave 

Jclic: Son descargables. 

Jclic, ler é divertido

Cristic 

Retomates

EducaCyL 1º 

Cokitos


DISFRUTADE MOITO DAS VACACIÓNS

 VÉMONOS EN 2º!

💙💗


PORTADAS FINAIS E CONTOS DE ÁRBORES

As nenas e os nenos de primeiro finalizamos as nosas portadas do último proxecto do curso, mirade que chulas:



Tamén falamos das investigacións que fixemos na casa sobre plantas e colgamos os traballos no corredor:


Ademáis, algunhas compañeiras fixeron uns contiños troquelados sobre árbores:



20/6/23

TALLER DE CÓMICS COA MAMÁ DE ADRIANA!

Estes últimos días están dando para moito. Onte tivemos a visita de Natalia, a mamá de Adriana. 

Xa viñera fai unhas semanas a lernos un libro e contounos que ten un traballo moi molón: traballa para unha editorial que se dedica exclusivamente aos cómics.


Primeiro explicounos un pouco en que se diferencian os cómics dos libros de texto. Falounos das viñetas, bocadillos, onomatopeas; tróuxonos varios exemplos de cómics... 


E por último, cada nena e neno creou o seu propio.
















Moitas gracias pola visita, Natalia!

💗📚





16/6/23

OBRADOIRO DA MISIÓN BIOLÓXICA E COA MAMÁ DE OLIVIA E O PAPÁ DE XIANA!

Este venres tivemos a sorte de contar cun novo obradoiro organizado pola Misión Biolóxica. Desta vez viñeron ó cole xunto coa mamá de Olivia e o papá de Xiana e preparáronnos unha actividade xenial.

Coas diferentes follas de carballo que recollemos na saída anterior, cada neno e nena creou o seu herbario nun marquiño . Practicamos a lectura para ler as etiquetas,  puxemos a proba a nosa atención para buscar o nome correcto das follas nas pegatinas, para escoitar as explicacións etc.

 


















Gracias mamá e papá de Olivia, papá de Xiana, Bea e Marta pola vosa colaboración e por toda a dedicación amosada cos nenos e nenas.

ENCANTOUNOS! 🌳🍂🍃🍁

SAÍDA A BOMBEIROS!

 O xoves fomos de visita ós bombeiros. 

Vimos e aprendemos unha chea de cousas, explicaron todo de forma moi entretenida, non perdemos detalle!








Ademais pasámolo xenial poñendo o casco, usando a mangueira e xogando coa espuma.

























 


PASÁMOLO MOIIIIII BEN!