Como o ano pasado, aproveitamos a chegada do bo tempo para facer unha visita á horta do cole.
Sementamos nísperos que nos trouxo Iria (GRACIAS, IRIA 💚) tamén sementes de xirasol.
Paco veu de axudante e explicounos como facer para sementar de forma axeitada.
Tamén observamos as fresas e varias plantas que estaban agromando na horta. Ademáis, nestes días vimos un niño de paporroibo que nos trouxo a profe Nieves, mirade que chulo:
En canto volva deixar de chover, volveremos ver como progresan as nosas plantiñas, medrarán?
No hay comentarios:
Publicar un comentario