Para conmemorar o día do libro, as clases de segundo participamos nun apadriñamento lector.
O alumnado de 6º foi o encargado de seleccionar lecturas para compartir con nós no patio.
Para agradecerlles a lectura compartida, convidámolos a participar nun pequeno obradoiro de marcapáxinas que logo levaron de agasallo.
Gustounos moito esta experiencia, millóns de grazas ás nenas e nenos de 6º!
No hay comentarios:
Publicar un comentario