Hoxe saímos facer un pequeno roteiro pola contorna acompañados de Paco 💓 Levounos ata unha casiña próxima ao colexio onde puidemos coñecer ao burro Mariano e á cabuxa Rufina.
Alí contáronnos que viñeran de Lugo, que Mariano era pai dunha mula pequeniña... Tamén nos falaron dos hábitos de alimentación do burro e da cabuxa, así como da importancia de non deixar lixo tirado, xa que os animais poden comer por erro os restos de plástico que atopan.
Tamén vimos plantiñas da contorna: fiuncho, fentos, silveiras e moitas máis. 🌳🌿🌾🌽🌹🌼
Pasámolo moi ben MOITAS GRAZAS PACO POR FACER POSIBLE A VISITA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario