Como xa sabedes comezamos un novo proxecto de cociña, un proxecto delicioso e moi larpeiro co que nos imos relamer mentres aprendemos.
Por un lado preparamos pan na panificadora empregando como ingredientes: fariña de trigo, auga, aceite de oliva virxe, sal e levadura seca de panadeiro. Programamos o programa 1 de pan normal, seleccionando tostado medio, e despois de 3 horas e 15 minutos puidemos degustar una pan de rechupete!
E despois de postre elaboramos unhas espectaculares brochetas de froitas. Para iso empregamos pauciños de madeira e coitelos para cortar as foitas. As froitas que empregamos foron: fresas, kiwi, plátano de Canarias e piña. E se aínda así non estaban boas de máis, decorámolas con sirope de chocolate. Unha verdadeira delicia! Acabamos cuns bigotes de chocolate para relamerse!
Se queredes saber como avanza este delicioso proxecto de cociña non podedes perdervos as vindeiras publicacións! Saúdos larpeiros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario