A semana do Entroido estivo chea de actividades coas que os nenos e nenas de primeiro aprenderon cousiñas sobre o Entroido en Galicia, prepararon os seus disfraces e lembraron as tradicións do cole nestes días. Aquí vos deixamos algunhas fotiños:
Recibimos unha carta do Galo Vilaverdiño e poñémonos man á obra para facerlle plumas de papel e que non pase frío. Logo colocámosllas.
Aproveitando que poñemos guapo a Vilaverdiño, imos visitalo, observamos de qué vai disfrazado, falamos do cubo de rubik , da súa forma xeométrica, cores, das aves e os tipos de vertebrados... Logo escribimos un texto sinxelo co aprendido e debuxamos a Vilaverdiño:
Facemos tarefas de lectoescritura relacionadas co Entroido en Galicia e decoramos a porta con algúns destes personaxes. Tamén falamos de cómo vai ser o día de Entroido no cole, preparamos os disfraces e o baile para o desfile!
No hay comentarios:
Publicar un comentario