Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA, preparamos un experimento no laboratorio do cole.
1º Falamos dos pasos do método científico e completamos estas parte na clase:
- PREGUNTA
- HIPÓTESE
- MATERIAIS
- PASOS A REALIZAR
2º Subimos ó laboratorio e varias nenas narraron os pasos a seguir.
3º Logo cada equipo puido realizar o seu experimento.
4º Por último, falamos dos resultados observados e reflexionamos sobre eles. Tamén aproveitamos para propoñer solucións que podemos aplicar na casa. De volta na clase debuxamos o resultados e escribimos de forma resumida o que aprendimos.
🔬🌊
No hay comentarios:
Publicar un comentario