Para conmemorar o día de Rosalía 🌹 as clases de 1º realizaron as seguintes actividades, ahí van!
Lemos e falamos de Rosalía. Practicamos a escritura cunha biografía sinxeliña e a decoramos. Fixemos tarefas coas que repasar o R de Rosalía.
Tamén escoitamos e aprendemos parte do poema Adeus ríos, adeus fontes. Aproveitamos para poñer a proba a nosa escoita e intentamos completar as palabras que faltaban no poema escoitando a canción. Logo falamos da morriña, do valor da familia e do lugar onde vivimos. Comentaron e debuxaron os seus lugares especiais, aqueles que lembran con cariño.
En plástica aprendemos a facer luces e sombras con ceras ou lápices de cores. Puxeron en práctica a técnica coloreando pensamentos, a flor preferida de Rosalía. Colocámolos nas fiestras como se fose "o noso xardín de pensamentos".
A outra clase decorou o poema Adeus ríos, adeus fontes.Cada nena e neno tiña unha estrofa e intentou ilustrala dunha maneira creativa:
Tamén lemos e recitamos un novo poema de Rosalía. Tivemos que aprender unha estrofa cada clase para recitar o poema en equipo coas clases de infantil. Traballamos a partir do poema a rima, a mensaxe que transmite e vocabulario (paseniño...).
Logo de gravar o vídeo na biblioteca, propuxemos entre todos novos versos finais cos que modificar o poema e darlle un toque máis persoal. Escribírono en folios de cores.
Por último, baixamos recitar o poema coas clases de infantil e plantamos por clase unha plantiña de pensamentos.🌺🌺🌺
Agora temos que coidalas para que medren moito e nos lembren a gran poetisa Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario