22/3/23

VISITA DE FAMILIAS: EXPERIMENTOS A MONTÓN!

Hoxe tivemos o gusto de compartir unhas horas con tres mamás que nos viñeron contar moitas cousas sobre o corpo humano. Viñan super preparadas e aprendemos moito con elas.

Primeiro faláronnos dos pulmóns e ensináronnos unhas fotos que facían zoom ata chegar as partes máis pequenas, os alveólos. Tamén nos fixeron preguntas para comprobar que sabemos e nos pediron que sinaláramos no noso corpo onde estaban os pulmóns.

Logo, explicaron o estómago e o proceso de dixestións, con moitas fotos e información interesante.

Deixaron ver radiografías dos pulmóns e do estómago. Comprobamos que nas radiografías do estómago, este quedaba tapado polos intestinos.

Ensináronnos un estómago feito por elas, foron pasando polos grupos contándonos a importancia dos zumes gástricos e como os chicles, gominolas... non se desfan o que perxudica a dixestión. 

 

Por último, pasamos a realizar dous experimentos:

Uns globos como se fosen pulmóns que enchemos de aire, simulando a inspiración e a expiración. 

Logo, fixemos o experimento dos zumes gástricos, comprobamos cómo se desfacía a galleta triturada.


 MOI INTERESANTE, APRENDEMOS E DISFRUTAMOS MOITO. GRACIAS POR VIR FAMILIAS!

💓😍

No hay comentarios:

Publicar un comentario