ESTA SEMANA PROPOÑÉMOSVOS CREAR A VOSA PROPIA PLASTILINA, PARA ISO, SACADE LÁPIS E CADERNO E IMOS ALÓ:
- 3 TAZAS DE FARIÑA.
- 1 TAZA DE SAL FINA (CANTO MÁIS FINA MELLOR).
- 1 TAZA DE AUGA.
- 2-5 CULLERADAS DE ACEITE. (COMEZAMOS AÑADINDO DÚAS).
- COLORANTE ALIMENTICIO, SE QUERES DARLLE COR Á TÚA PASTA.
TODO ISTO, MEZCLÁMOLO NUN BOL, REMEXEMOS E CANDO NOTEMOS UNHA TEXTURA SIMILAR Á "PLASTI", XA ESTÁ LISTA!.
SE CRES QUE A PASTA ESTÁ DEMASIADO DURA, ENGADE MÁIS ACEITE; AÍNDA ASÍ, Ó DÍA SEGUINTE ESTARÁ MÁIS BRANDA PARA MODELAR LETRAS, ANIMAIS, CORAZÓNS, FLORES DE PRIMAVERA,...
E...POR SUPOSTO, QUEREMOS FOTOS DO RESULTADO.
UNHA VEZ QUE TEMOS A PLASTILINA , PODEMOS FACER...
- BÓLAS DE DIFERENTES TAMAÑOS, PARA REALIZAR SERIES TIPO: GRANDE, PEQUENA, GRANDE, PEQUENA...
- CHURROS DE DIFERENTE GROSOR E LONXITUDE.
- COS CHURROS PODEMOS ENCHER LETRAS E NÚMEROS, POR EXEMPLO O NOSO NOME E DOS QUE VIVEN NA NOSA CASA, NÚMERO DE TELÉFONO, NÚMERO DE PORTAL... FEITOS EN PAPEL.
- BICHOS DA PRIMAVERA.
- DIFERENTES CONSTRUCIÓNS CON BÓLAS E PAUS.
- CADROS COS NOMES,
- E SOBRE TODO, QUEREMOS QUE COA VOSA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE NOS IMPRESIONEDES.
REMITÍDENOS FOTOS AO NOSO CORREO. UNHA DO PROCESO E DÚAS COAS CREACIÓNS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario