- ARRASTRÁMONOS POLO CHAN COMO SE FÓSEMOS EIRUGAS OU VERMES.
- AH!!... PERO AS EIRUGAS TEÑEN FAME, E COMEN FOLLAS DE MOREIRA...POIS TODOS E TODAS A COMER A FOLLIÑA (FACEMOS O XESTO COMO SE COMÉSEMOS).
- AO COMER, MEDRAMOS, MEDRAMOS E MEDRAMOS.... POÑÉNDONOS DE PUNTIÑAS, PERO DE SÚPETO, CONVERTÉMONOS EN CASULO (SENTADOS/AS COAS PERNAS ABRAZÁNDOAS).
- UN TEMPIÑO COMO CASULOS, PORQUE...OOOOH XA SOMOS BOLBORETAS QUE PODEMOS SAÍR VOANDO! A VOAR MOITO! PODEMOS CORRER, CAMIÑAR SEMPRE MOVENDO OS BRAZOS COMO SE FORAN ALAS.
- A BOLBORETA ESTÁ CANSA DE TANTO VOAR. PÁRASE E QUEDA MOI QUIETA, TEN QUE RESPIRAR METENDO O AIRE POLO NARIZ E EXPÚLSAO POLA BOCA. MOI AMODO. TUMBADOS REPIRAMOS UNHAS CANTAS VECES.
- A BOLBORETA PON OS OVOS. AGORA SOMOS UN OVO MOY PEQUENO QUE SE VAI DURMIR ATA QUE VOLTA A PRIMAVERA, PERMANECEMOS UN INTRE COS OLLOS PECHADOS E RESPIRANDO.
ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA. NEL APARECERÁN AS NOSAS ACTIVIDADES, XOGOS, COMENTARIOS... AGARDAMOS QUE NOS SIGADES CON INTERESE.
30/4/20
PSICOMOTRICIDADE: DE VERMES A BOLBORETAS
ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS PARA UNHA PEQUENA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario