XA ESTAMOS DE VOLTA DESPOIS DESTAS VACACIÓNS UN CHISQUIÑO RARAS PARA TODOS E TODAS.
ANTES DE COMEZAR A EXPLICAR O QUE PRETENDEMOS ESTE MES ESPERAMOS E DESEXAMOS QUE ESTEDES BEN DE SAÚDE E QUE MELLOR FORMA DE FACELO QUE ATRAVÉS DUN VÍDEO ONDE NOS VEXAMOS TODOS E TODAS.
PARA ISO IDES A PRECISAR A AXUDA DA VOSA FAMILIA COA QUE NESTES DÍAS ESTADES COMPARTINDO TODO...MÁIS TODO.
COLLEDE CÁMARA OU MÓBIL, E NENOS E NENAS CONTÁDENOS ALGO QUE QUEREDES QUE SAIBAMOS AS PROFES, MÁIS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIROS, POR EXEMPLO: O QUE FIXEMOS ONTE, O QUE BOTADES DE MENOS, O QUE MÁIS VOS GUSTA DE ESTAR NA CASA...
PERO, TODO ISTO NON PODE DURAR MÁIS DE 30 SEGUNDOS, PORQUE DESPOIS AS TITORAS IMOS A FACER UNHA MONTAXE, SIMULANDO AS CONVERSAS QUE REALIZAMOS NAS ASEMBLEAS MATINAIS NO COLE.
ADEMAIS, CONTÁMOSVOS UN SEGREDO?...QUIZAIS NO VÍDEO APARECE ALGUÉN QUE COÑECEDES MOI BEN, PERO É UN SEGREDO.
A GRAVACIÓN, QUE NON EXCEDERÁ OS 30 SEGUNDOS, SERÁ ENVIADA Ó NOSO CORREO ELECTRÓNICO: moureverdev@gmail.com; SE É POSIBLE, ANTES DA FIN DE SEMANA PARA ELABORAR A MONTAXE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario