XA VEDES QUE AS MASCOTAS QUEREN QUE INVESTIGUEMOS CON ELAS, SOBRE OS VERMES DE SEDA E AS BOLBORETAS.
QUE VOS PARECE?
QUEREDES INVESTIGAR COA VOSA FAMILIA?...
POIS A BUSCAR INFORMACIÓN...
DEIXÁMOSVOS UN CONTO EN GALEGO E EN CASTELÁN E ALGÚNS VÍDEOS PARA QUE VAIADES ANOTANDO NO CADERNO A INFORMACIÓN:
DESPOIS DE MOITO FALAR E INVESTIGAR, PODEDES FACER DIFERENTES ACTIVIDADES:
- UN MURAL CON DEBUXOS OU IMAXES E ESCRIBINDO ALGÚN ASPECTO DA INFORMACIÓN BUSCADA,
- DEBUXAR O PROCESO DE METAMORFOSE NUN FOLIO E ESCRIBIR ALGUNHA PALABRA RELACIONADA,
- CON PINZAS DA ROUPA FACER UNHA BOLBORETA,
- CON MATERIAL DE REFUGALLO FACER UNHA EIRUGA, VERME DE SEDA, BOLBORETA...
- CON TAPÓNS FACER VERMES,
- ESCRIBIR O NÚMERO DE PATAS, ANTENAS...
- MOTRICIDADE GROSA: ARRASTRARSE COMA UN VERME, VOAR COMA UNHA BOLBORETA, RODAR COMA UN CAPULLO DE SEDA...
- E MOITAS MÁIS TAREFAS QUE VOS COA VOSA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE SEGURO QUE NOS SORPRENDEDES.
PODEDES ENVIAR ALGUNHA FOTO AO CORREO, DAS VOSAS INVESTIGACIÓNS (MÁXIMO 4 FOTOS) E ESCRIBIR NO FALADOIRO PARA QUE TADI E JOSEFINA SE INFORMEN CONNOSCO SOBRE OS VERMES DE SEDA E BOLBORETAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario