22/3/23

VISITA DE FAMILIAS: EXPERIMENTOS A MONTÓN!

Hoxe tivemos o gusto de compartir unhas horas con tres mamás que nos viñeron contar moitas cousas sobre o corpo humano. Viñan super preparadas e aprendemos moito con elas.

Primeiro faláronnos dos pulmóns e ensináronnos unhas fotos que facían zoom ata chegar as partes máis pequenas, os alveólos. Tamén nos fixeron preguntas para comprobar que sabemos e nos pediron que sinaláramos no noso corpo onde estaban os pulmóns.

Logo, explicaron o estómago e o proceso de dixestións, con moitas fotos e información interesante.

Deixaron ver radiografías dos pulmóns e do estómago. Comprobamos que nas radiografías do estómago, este quedaba tapado polos intestinos.

Ensináronnos un estómago feito por elas, foron pasando polos grupos contándonos a importancia dos zumes gástricos e como os chicles, gominolas... non se desfan o que perxudica a dixestión. 

 

Por último, pasamos a realizar dous experimentos:

Uns globos como se fosen pulmóns que enchemos de aire, simulando a inspiración e a expiración. 

Logo, fixemos o experimento dos zumes gástricos, comprobamos cómo se desfacía a galleta triturada.


 MOI INTERESANTE, APRENDEMOS E DISFRUTAMOS MOITO. GRACIAS POR VIR FAMILIAS!

💓😍

VEXO, VEXO QUE VES?

O alumnado de primeiro realizou unha saída ó Café Moderno-A Fundación onde realizaron un obradoiro moi interesante. 

Xogaron a analizar as obras de arte da exposición e reflexionaron sobre elas, tamén crearon a súa obra grupal e montaron un pequeno robot-insecto que se movía polo seu mural.

Aquí vos deixamos unhas fotiños!


 

16/3/23

A CIDADE É A PEGADA

 Hoxe o alumando de 1º realizou unha visita ó Pazo da Cultura de Pontevedra onde puideron gozar dunha exposición fotográfica definida polos seus creadores como un "poema visual" sobre a cidade de Pontevedra e os seus habitantes.

Nesta exposición conviven imaxes do pasado, presente e do futuro pontevedrés repartindo o seu contido en catro áreas: o río Lérez, personaxes de Pontevedra, a infancia e a arquitectura e urbanismo.


Por aquí vos deixamos algunha imaxe:




  • Planos orixinais da Ponte da Barca:

  • Canoas históricas cedidas polo Club Naval:



  • Coñecendo a persoaxes:




  • CINEXIN, un proxector manual de películas:

  • Maquetas de edificios moi interesantes, como o depósito de auga:





  • Atraccións das festas de antes:



E rematamos a nosa visita con unha carreira de avións de papel moi divertida:








8/3/23

VISITA DUNHA FAMILIA: CREAMOS UN SUPERMERCADO!

Hoxe contamos coa visita da nai e do pai de Xudit. Aproveitando que é 8 de marzo, Día da muller, a mamá de Xudit contounos moitas cousiñas sobre o seu traballo:

  • Ensinounos un vídeo que nos gravou para ensinarnos que tarefas realiza: conduce unha máquina para levantar pesos, etiqueta e coloca os produtos, trata coas persoas que lles levan os alimentos e tamén cos clientes...
  • Fixémoslle preguntas sobre o que máis lle gusta do traballo, o que menos, que habilidades precisa ... Aprendemos que:
    • no supermercado hai moitas seccións: charcutería, carnicería, froitería, pescadería, panadería, ocio...
    • o ocio é tempo libre.
    • é importante ter boas habilidades sociais e mooooita paciencia para tratar cos clientes.
    • para conducir a máquina de transportar pesos é preciso estudiar e sacar un carnet especial.
    • falamos dos alimentos frescos e dos elaborados, tamén da importancia de manter a cadea de frío dos conxelados.

  • Amosounos unha "pistola" etiquetadora e contounos que se empregaba para etiquetar, para saber o prezo, para facer unha venda ou un pedido etc.
  • Logo, fixemos parellas con alumnado de A e de B. As parellas crearon o seu supermercao en formato Lapbook:
  1. Recortaron alimentos dos folletos e clasificáronnos na cartulina en saudables e non saudables. 
  2. Escribiron o nome dos alimentos.
  3. Por último, deseñaron o logo e nome do seu supermercado.


 
GRACIAS MAMÁ E PAPÁ DE XUDIT POLA VOSA VISITA!
 

8M

Para conmemorar o 8M, DÍA DA MULLER, as clases de primeiro participaron nun interesante experimento sobre a brecha salarial.
 💜💜
Ademais, houbo un pouco de mates e reflexión: a aqueles que decidían repartir os cartos de forma equitativa, puxémosllo un pouco difícil xa que había 10 euriños que sobraban. Tiveron que pensar tamén que farían con eles. Deron solucións como deixar os euros sobrantes para outros , compartilos, pedir outros 10 euros para ter 10 euros cada un...
 
UN POUCO DE MATES E REFLEXIÓN!

 


2/3/23

🌹 DIA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía 🌹 as clases de 1º realizaron as seguintes actividades, ahí van!

Lemos e falamos de Rosalía. Practicamos a escritura cunha biografía sinxeliña e a decoramos. Fixemos tarefas coas que repasar o R de Rosalía.

 



Tamén escoitamos e aprendemos parte do poema Adeus ríos, adeus fontes. Aproveitamos para poñer a proba a nosa escoita e intentamos completar as palabras que faltaban no poema escoitando a canción. Logo falamos da morriña, do valor da familia e do lugar onde vivimos. Comentaron e debuxaron os seus lugares especiais, aqueles que lembran con cariño.


En plástica aprendemos a facer luces e sombras con ceras ou lápices de cores. Puxeron en práctica a técnica coloreando pensamentos, a flor preferida de Rosalía. Colocámolos nas fiestras como se fose  "o noso xardín de pensamentos".

A outra clase decorou o poema Adeus ríos, adeus fontes.Cada nena e neno tiña unha estrofa e intentou ilustrala dunha maneira creativa:

Tamén lemos e recitamos un novo poema de Rosalía. Tivemos que aprender unha estrofa cada clase para recitar o poema en equipo coas clases de infantil.  Traballamos a partir do poema a rima, a mensaxe que transmite e vocabulario (paseniño...). 

Logo de gravar o vídeo na biblioteca, propuxemos entre todos novos versos finais cos que modificar o poema e darlle un toque máis persoal. Escribírono en folios de cores.


Por último, baixamos recitar o poema coas clases de infantil e plantamos por clase unha plantiña de pensamentos.🌺🌺🌺

Agora temos que coidalas para que medren moito e nos lembren a gran poetisa Rosalía.



 


DE ENTROIDO!

A semana do Entroido estivo chea de actividades coas que os nenos e nenas de primeiro aprenderon cousiñas sobre o Entroido en Galicia, prepararon os seus disfraces e lembraron as tradicións do cole nestes días. Aquí vos deixamos algunhas fotiños:

Recibimos unha carta do Galo Vilaverdiño e poñémonos man á obra para facerlle plumas de papel e que non pase frío. Logo colocámosllas.


Aproveitando que poñemos guapo a Vilaverdiño, imos visitalo, observamos de qué vai disfrazado, falamos do cubo de rubik , da súa forma xeométrica, cores, das aves e os tipos de vertebrados... Logo escribimos un texto sinxelo co aprendido e debuxamos a Vilaverdiño:




Facemos tarefas de lectoescritura relacionadas co Entroido en Galicia e decoramos a porta con algúns destes personaxes. Tamén falamos de cómo vai ser o día de Entroido no cole,  preparamos os disfraces e o baile para o desfile!