O VENRES 3 DE XUÑO FIXEMOS UN TALLER CON: XOAQUÍN (PAPÁ DE OLIVIA DE 5ANOS B) E GABRIELA. TRABALLAN DE CIENTÍFICO E CIENTÍFICA NO CSIC. ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ENLAZADA CO NOSO PROXECTO SOBRE INSECTOS.
FIXÉRONNOS ALGUNHAS PREGUNTAS INTERESANTES: QUEN É MÁIS FORTE UNHA FORMIGA OU UN HUMANO?, QUEN CHEIRA MELLOR UN PAXARO OU UNHA PERSOA?.... NALGUNHAS TIÑAMOS DÚBIDAS...
DESPOIS PREGUNTÁRONNOS SE QUERIAMOS SER INVESTIGADORES E INVESTIGADORAS PARA DESCUBRIR CALES ERAN OS ANIMAIS QUE AXUDABAN ÁS PLANTAS DO NOSO PATIO. TODO O ALUJNADO MOLDEAMOS EIRUGAS CON PLASTILINA E ARAME E SAÍMOS AO PATIO PARA COLOCALAS NALGÚNS ARBUSTOS. AGORA TEMOS QUE ESPERAR UNHA SEMANA PARA VER QUE ANIMAIS DEIXAN MARCAR NAS EIRUGAS E ASÍ DESCUBRIREMOS OS ANIMAIS QUE AXUDAN ÁS PLANTAS PARA QUE OS INSECTOS NON AS COMAN.
QUE ANIMAIS SERÁN? ESTAMOS A FACER MOITAS HIPÓTESES.
PASOU UNHA SEMANA E VOLVEMOS A BUSCAR AS NOSAS EIRUGAS AO PATIO, METÉMOLAS NOS BOTES DE PLÁSTICO E LEVÁMOLAS A CLASE PARA PODER OBSERVALAS, ANALIZALAS E COMPARAR AS MARCAR CON IMAXES QUE VEMOS NAS FOTOS. EN CADA EQUIPO ANÓTASE OS ANIMAIS QUE DEIXARON AS SÚAS MARCAS NAS ERUGAS DE PLÁSTILINA. ANOTAMOS OS RESULTADOS E DESCUBRIMOS QUE OS ANIMAIS QUE MÁIS MARCAS DEIXARON FORON OS PAXAROS E OS INSECTOS.
XA SABÉMOS QUEN AXUDA ÁS ÁRBORES DO COLE PARA QUE NON PERDAN A SÚAS FOLLAS E NON SE POÑAN ENFERMAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario