23/6/22

ROBÓTICA, STEM

AO LONGO DO  CURSO TRABALLAMOS DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS CON STEM (ROBÓTICA, MATEMÁTICAS, CIENCIA, TICS…), EN PEQUENOS GRUPOS, NO RECANTO DOS NÚMEROS, POR PARELLAS...

CONSTRUCIÓNS CON PEZAS
CONSTRUCIÓNS CON DIFERENTES MATERIAIS A TRAVÉS DAS QUE O ALUMNADO DESENVOLVE A CONCIENCIA ESPACIAL, O COÑECEMENTO MATEMÁTICO, E A CREATIVIDADE DE XEITO INDIVIDUAL NOS MOMENTOS DE XOGO LIBRE.

 CONSTRUCIÓNS CON LEGO:

  •  CLASIFICAR LEGOS, DE FORMA LIBRE E DESPOIS POR DIFERENTES CRITERIOS: COR, FORMA, TAMAÑOS...
  •   POR GRUPOS DE 5 TEÑEN QUE CONSTRUÍR UNHA FIGURA IGUAL Á QUE LLE MOSTRAREMOS COMO MODELO, PRESTANDO ATENCIÓN ÁS CORES DAS PEZAS E A COMBINACIÓN DAS MESMAS 
  •  O MESMO EXERCICIO ANTERIOR PERO DEIXANDO QUE VISUALICEN A FIGURA DE REFERENCIA TAN SÓ UNS MINUTOS, E DESPOIS REPRODÚZAA A PARTIR DO RECORDO QUE MEMORIZOU 
  • OBSERVAR DETIDAMENTE E MEMORIZAR DIFERENTES FIGURAS QUE VEN. A CONTINUACIÓN, ESCÓNDESE UNHA DESAS FIGURAS E PEDIR QUE DIGA CAL FALTA.
  •  PRESÉNTASE UN MODELO DE FIGURA, O ALUMNADO ESTA ORGANIZADO EN EN 6 EQUIPOS DE 4, UN DELES OU ELAS DE CADA EQUIPO TEN QUE REALIZAR UNHA CONSTRUCIÓN COA AXUDA DOS OU DAS OUTROS 3 QUE LLE INDICARÁN COMO DEBE COLOCAR AS PEZAS PARA SEGUIR O MODELO, SÓ COA VOZ, SEN TOCAR AS PEZAS. O MODELO SÓ ESTARÁ VISIBLE UNS SEGUNDOS. POR EQUIPOS VAN PRESENTANDO AS SÚAS CREACIÓNS E VENDO SE SON IGUAL AO MODELO 
  •  POR EQUIPOS DE 6 ALUMNAS/OS, CADA ALUMNO TEN 7 PEZAS E CADA UN TEN QUE FACER UNHA FIGURA IGUAL Á DUN MODELO, QUE SÓ O TERÁN DURANTE UNS SEGUNDOS PARA OBSERVALO. 
  • CONSTRUÍR FIGURAS SEGUINDO INSTRUCIÓNS E PASOS NO PAPEL, CON IMAXES.
PROGRAMAR CO ROBOT DOC 
A TRAVÉS DOS TABOLEIROS CON DIFERENTES TARXETAS DE: OS NOMES DO ALUMNADO E FOTOS, AS EMOCIÓNS, E OS PROXECTOS. 

 RECANTO DAS MATEMÁTICAS: XOGOS MANIPULATIVOS CON DIFERENTES MATERIALES MATEMÁTICOS: TANGRAN, QUEBRACABEZAS, DOMINOS, PARCHIS, OCA, MATERIAIS DE CLASIFICACIÓN E SERIACIÓN (FROITAS, PAUS DE XEADO, PINZAS, POMPÓNS...), REGLETAS, BLOQUES LÓXICOS…

A REALIDADE AUMENTADA: A TRAVÉS DE LIBROS, LÁMINAS..







No hay comentarios:

Publicar un comentario