O XOGO DA CARRASQUIÑA:
BAILAMOS O XOGO DA CARRASQUIÑA, TODOS EN CORRO.
O OBXECTIVO: POTENCIAR A CREACIÓN DE VÍNCULOS AFECTIVOS E BO AMBIENTE DE GRUPO, AXUDANDO NAS DIFICULTADES DE INTERACCIÓN NO GRUPO, A TRAVÉS DE SAÚDOS AFECTUOSOS.
A MÚSICA EMOCIÓNAME:
O ALUMNADO MÓVESE AO SON DE MÚSICA CLÁSICA, NO CHAN HAI CARAS CON DIFERENTES EMOCIÓNS E AO PARAR A MÚSICA CADA ALUMNO ESCOLLE A EMOCIÓN QUE LLE TRANSMITE A MÚSICA QUE ACABA DE ESCOITAR E COLÓCASE Á BEIRA DE CADA EMOCIÓN. ESTA ACTIVIDADE REALÍZASE DURANTE VARIAS SESIÓNS E CON VARIACIÓNS DUNHAS A OUTRAS. UNHAS VECES O ALUMNADO ESTA DE PÉ BAILANDO OUTRAS VECES SENTADO ESCOITANDO, UNHAS VECES TODO O GRUPO, OUTRAS VECES UN NÚMERO DETERMINADO DE ALUMNOS É O QUE ESCOLLE EMOCIÓN E CÓNTANLLES AOS DEMAIS PORQUE O FAN ...
CON ANTERIORIDADE A ACTIVIDADE, PÓÑENSE VARIAS AUDICIÓNS AO ALUMNADO, NA QUE FALAMOS DAS DIFERENTES EMOCIÓNS QUE NOS TRANSMITEN E ESCÓITANSE VARIAS VECES. ALGUNHAS DESTAS PEZAS ESTÁN SACADAS DUNHA PÁXINA WEB: “O EMOCIONARIO MUSICAL”
TAMÉN XOGAMOS COA ESCALA MAIOR E MENOR XA QUE UNHA PRODÚCENOS ALEGRÍA E A OUTRA TRISTEZA
OUTRO XOGO MUSICAL TRABALLÁMOLO CANTANDO UNHA CANCIÓN COÑECIDA CON DIFERENTES ESTADOS EMOCIONAIS: ALEGRE, TRISTE, CON ENFADO E CON CALMA.
A VECES EN GRAN GRUPO DEBUXARON O QUE LLES FACÍA SENTIR AS DIFERENTES MÚSICAS QUE A TITORA LLES ÍA POÑENDO ATA COMPLETAR AS EMOCIÓNS BÁSICAS
COLOREAR MÁNDAAS ESCOITANDO MÚSICA:
O ALUMNADO RESPIRA VARIAS VECES DE FORMA PROFUNDA E RELÁXASE ESCOITANDO UN CONTO RELAXANTE, DESPOIS SENTA NA SÚA CADEIRA E COLOREA UNHA MÁNDAA ESCOITANDO UNHA MÚSICA MOI TRANQUILA E RELAXANTE. CANDO REMATA DI COMO SE SENTE, E COMO SE SENTIU CANDO ESTABA A PINTAR.
TRABALLAMOS DIFERENTES CONTOS E CANCIÓNS
RELACIONADOS CON EDUCACIÓN EMOCIONAL E VALORES, NO NOSO BLOG TEMOS COLGADOS ALGÚNS CONTOS .
DIARIAMENTE NOS RECANTOS NOS CALES TEMOS DIFERENTES TEMÁTICAS, UNHA DELAS É A LINGUAXE. NELA TEMOS VARIEDADE DE XOGOS PARA COÑECER E RECOÑECER AS EMOCIÓNS BÁSICAS, DO MESMO XEITO QUE LIBROS DE LECTURA QUE O GRUPO DE ALUMNADO COLLE O DÍA QUE LLE TOCA ESE RECANTO.
XOGO EMO PARK DE OBSERVACIÓN E REPRESENTACIÓN DE EMOCIÓNS, OS XOGADORES DEBEN ATOPAR NUN TABOLEIRO QUE PERSONAXE ESTÁ REPRESENTADO NUNHA TARXETA, USANDO A MARIONETA DE CADA EMOCIÓN E SEN DICIR AS TRES PALABRAS PROHIBIDAS
TAMÉN TRABALLAMOS " CONTOS PARA EDUCAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL" DE CLARA PEÑALVER PARA COMPRENDER E XESTIONAR AS DÚBIDAS QUE LLES XERA. OUTRO LIBRO É “CREATIVOS E FELICES” DA MESMA AUTORA PARA COÑECER E DISTINGUIR AS PEQUENAS MENTES DE CORES E PODER CREAR NOSAS PROPIAS HISTORIAS.
COMO TE SENTES?
ESTA ACTIVIDADE LÉVASE A CABO A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ, NA ASAMBLEA, PARA REALIZAR A COMPROBACIÓN DA ASISTENCIA. CADA ALUMNO E ALUMNA, CANDO CONFIRME QUE ESTÁ NA CLASE, RESPODE A PREGUNTA QUE LLE FAI O ENCARGADO OU ENCARGADA DO DÍA, “COMO TE SENTES” E POR QUE MOTIVO SE SENTE ASÍ, PARA QUE O COMPARTA CO RESTO DA CLASE. CANDO HAI EMOCIÓNS
NEGATIVAS ENTRE TODO O ALUMNADO FALA DELAS E PROPÓN SOLUCIÓNS PARA CAMBIAR OS PENSAMENTOS NEGATIVOS EN POSITIVOS.
DURANTE TODO O CURSO, NA ASEMBLEA, A PERSOA ENCARGADA TÍÑANOS QUE COMENTAR AO RESTO DA CLASE COMO SE ATOPABA EMOCIONALMENTE E O MOTIVO, PARA ISO MOVE NO TABOLEIRO DIXITAL NAS NOSAS RUTINAS, A NOSA MASCOTA Á EMOCIÓN QUE SENTE.
OS ANIVERSARIOS E AS EMOCIÓNS:
O ALUMNADO QUE CELEBRA OS ANIVERSARIOS É O PROTAGONISTA POR ESE DÍA, ADEMAIS DE CANTARLLES DIFERENTES CANCIÓNS E FACER QUE SEXA UN DÍA IMPORTANTE. CADA UN DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS TEN QUE DICIRLLE AS CALIDADE POSITIVA QUE VEN NEL OU ELA. ESTA ACTIVIDADE FAISE PARA SUBIR A AUTOESTIMA.
AS EMOCIÓNS NA AXENDA ESCOLAR
A TRAVÉS DA AXENDA ESCOLAR, AO FINAL DE CADA SEMANA REXISTRAN AS EMOCIÓNS QUE SENTIRON AO LONGO DA SEMANA. REFLEXIONAMOS EN GRAN GRUPO SOBRE AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO COLE E OTRAS EXPERIENCIAS OCORRIDAS NO CENTRO, NAS CASAS OU NOS MEDIOS… E LOGO DEBUXAN A EXPRESIÓN E REDACTAN O PORQUÉ.
TAMÉN AUTOAVALIAN O SEU COMPORTAMENTO AO LONGO DA SEMANA E PEGAN SEGUNDO PENSEN QUE SE PORTARON BEN OU MAL MÁIS NÚMEROS DE ADHESIVOS OU MENOS.
ADIVIÑAR EMOCIÓNS
EN TARXETAS:
DIFERENTES SITUACIÓNS E METERÉMOLOS NUNHA CAIXA. DESPOIS A PROFESORA COLLERÁ UNHA E ESCENIFICARÁ A SITUACIÓN. PARA EXPRESAR EMOCIÓNS PÓDENSE UTILIZAR O CORPO E A CARA, PERO NON A VOZ (FAREMOS EXERCICIOS DE MÍMICA). CADA ALUMNO OU ALUMNA INTERPRETARÁ UNHA SITUACIÓN E O RESTO DEBERÁN ADIVIÑALO. O PRIMEIRO QUE O ADIVIÑE INTERPRETARÁ A SEGUINTE SITUACIÓN. PARA FINALIZAR, EN CÍRCULO, FALAREMOS SOBRE AS SITUACIÓNS ESCENIFICADAS.
XOGO “ADIVINA COMO ME SINTO”
A TRAVÉS DA EXPRESIÓN CORPORAL OS DEMAIS DEBEN ADIVIÑAR COMO NOS SENTIMOS E LOGO EXPRESAMOS O CANDO E PORQUE NOS SENTIMOS ASÍ.
PROTAGONISTA DO DÍA,
NA ASEMBLEA O QUE É ENCARGADO OU ENCARGADA DO DÍA TEN QUE DESCRIBIR OS SEUS TRAZOS FÍSICOS E AS SÚAS CALIDADES, ESTA ACTIVIDADE LÉVASE A CABO NO TERCEIRO TRIMESTRE PORQUE É O MOMENTO QUE O ALUMNADO TEN UN VOCABULARIO MÁIS AMPLO SOBRE AS DIFERENTES CALIDADES QUE SE TRABALLARON DURANTE O CURSO. DESPOIS TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS VAN PREGUNTAR POLOS SEUS GUSTOS E PREFERENCIAS ÁS QUE VAI CONTESTANDO. PARA FINALIZAR O ALUMNADO E A MESTRA FANLLE A ONDA DANLLE TRES “URRAS” E UN APLAUSO.
DEBUXO A NIÑA EMOCIÓN:
ESTA ACTIVIDADE LEVA A CABO NO SEGUNDO TRIMESTRE, O ENCARGADO OU ENCARGADA DE CADA DÍA TEN , TENTAR REPRESENTALA CO SEU CORPO E COA SÚA CARA, A SÚA EMOCIÓN NESE MOMENTO, OS DEMAIS TEÑEN QUE ADIVIÑALA. A CONTINUACIÓN TENA QUE DESCRIBIR E DICIR O MOTIVO POLO QUE SENTE ASÍ. TAMÉN DESCRIBIRA OUTRAS SITUACIÓNS POLAS QUE SENTE ASÍ. DESPOIS TENTA DEBUXAR E ESCRIBIR ESA EMOCIÓN NO TABOLEIRO DIXITAL.
UN NENO OU NENA CUNHA BANDA ELÁSTICA COLÓCASE UNHA TARXETA DUNHA EMOCIÓN NA CABEZA SEN VELA. OS DEMAIS ESTARÁN A VER A CARA DEBUXADA NA TARXETA E A EMOCIÓN QUE ESTÁ ESCRITA. O ALUMNO OU ALUMNA QUE TEN A TARXETA NA FRONTE TEN ADIVIÑAR A SÚA TARXETA, OS DEMAIS TEÑEN QUE USAR XESTOS E POÑER CARAS IMITANDO ESA EMOCIÓN. ESTA ACTIVIDADE LEVA ACABO NA ASEMBLEA CON TODO O ALUMNADO E TAMÉN EN PEQUENO GRUPO ( 5 ALUMNOS/ AS)
DIBUXAMOS AS EMOCIÓNS:
DURANTE O PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRE PÁSANSE BITS DE EMOCIÓNS AO ALUMNADO, CADA SEMANA 5, QUE SE REPITEN DURANTE TODOS OS DÍAS DA SEMANA, EN SEMANAS SUCESIVAS VANSE INCORPORANDO MÁIS BITS, PARA QUE ADQUIRA DIFERENTE VOCABULARIO DAS EMOCIÓNS. NOS BITS HAI CARAS DE PERSOAS QUE REPRESENTAR UNHA EMOCIÓN QUE APARECE ESCRITA, ANTERIORMENTE TRABALLOUSE ESTAS TARXETAS CON ELES ONDE SE FALOU DO NOME DA EMOCIÓN, O MOTIVO, AS SITUACIÓNS E AS QUE XORDE ESA EMOCIÓN.
NO TERCEIRO TRIMESTRE REALÍZASE O DEBUXO DESTAS EMOCIÓNS, CADA DÍA O ENCARGADO OU ENCARGADA DEBUXA UNHA EMOCIÓN NO TABOLEIRO DIXITAL A TRAVÉS DE DIFERENTES PASOS QUE A MESTRA LLE DÁ E ESCRIBE O SEU NOME, OS DEMAIS ALUMNOS E ALUMNAS DEBUXAN A CARA NUN FOLIO. UNHA VEZ IMPRESAS OS 25 DEBUXOS DE CARAS, CÓLGANSE NUN MURAL EN CLASE, E USARÉMOLOS EN DIFERENTES XOGOS E ACTIVIDADES, ADEMAIS DE USALOS COMO MODELOS PARA DEBUXAR AS EMOCIÓNS.
MESAXES CON AMOR
O ALUMNADO ESCRIBE E DEBUXA MENSAXES CON MOITO AMOR PARA OS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. MÉTENOS NUNHA CAIXA SORPRESA E CANDO TODOS E TODAS TEÑEN MENSAXE REPÁRTENSE A CADA UN O SEU, ATA ESE MOMENTO NINGUÉN SABE QUEN LLE ESCRIBE A MENSAXE.
UN AGASALLO PARA TI:
ESTA ACTIVIDADE FAISE DURANTE O SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRE E REPÍTESE EN VARIAS SESIÓNS. O ALUMNADO SENTADO EN CÍRCULO E MOI RELAXADO. COMEZA A PROFE A DICIR: “ENTRE AS MIÑAS MANS TEÑO UN AGASALLO, PERO É MOI PEQUENIÑO NON SE PODE VER, MIRADE, ENTRE TODOS E TODAS TEMOS QUE FACELO MOI GRANDE… QUEREDES? PARA ISO HAI QUE DARLLE MOITO AMOR E MOITOS BICOS E ABRAZOS, QUEREDES QUE O VAIAMOS PASANDO PARA QUE TODOS E TODAS LLES DEADES AMOR... “ ASÍ VAI PASANDO POR TODO O ALUMNADO E CADA VEZ FAISE MÁIS GRANDE. CANDO TERMINA DE DAR A VOLTA VOLVE PASAR POR TODO O ALUMNADO, CADA UN VAI DÁNDOLLE AO SEU COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA O AGASALLO IMAXINARIO E TENLLE QUE DICIR ....”DOUCHE ESTE AGASALLO CON MOITO AMOR, AGARIMO...” E O QUE O RECIBE TEN QUE DARLLE AS GRAZAS E ASÍ SUCESIVAMENTE, ATA QUE PASA POR TODO O ALUMNADO.
ROBÓTICA E AS EMOCIÓNS
TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS CO ROBOT DOC. REALIZAN DIFERENTES XOGOS NO TABOLEIRO: LER, REPRESENTAR, BUSCAR, UNIR FAMILIAS DE EMOCIÓNS...ETC
RESPIRACIÓN, RELAXACIÓN, MEDITACIÓN E IOGA:
PRACTICAMOS DIFERENTES EXERCICIOS DE RESPIRACIÓN A TRAVÉS DE DIFERENTES XOGOS, ALGÚNS DELES ADQUIRIDOS O CURSO PASADO E OUTROS INCORPORADOS ESTE CURSO.
A RESPIRACIÓN TRABÁLLASE AO LONGO DA XORNADA NAQUELES MOMENTOS QUE ESTÁN MÁIS EXCITADOS, E SEMPRE ANTES DAS RELAXACIÓNS E AS MEDITACIÓNS. TAMÉN LEVAN A CABO DIFERENTES RELAXACIÓNS, A TRAVÉS DA IMAXINACIÓN GUIADA, TOMANDO CONCIENCIA DAS PARTES DO SEU PROPIO CORPO, CON MÚSICA...ETC
REALIZAMOS ALGUNHA POSTURA SINXELA DE IOGA
A MEDITACIÓN
TRABALLAMOS A MEDITACIÓN DE DIFERENTES FORMAS: BEN POR NECESIDADE DO MOMENTO E NOUTRAS OCASIÓNS COMO TERAPIA PARA TRABALLAR A TRAVÉS DA IMAXINACIÓN AS DIFERENTES EMOCIÓNS. ESTA ACTIVIDADE DESENVOLVEUSE NORMALMENTE E DURANTE TODO O CURSO TRES VECES POR SEMANA. UNHA DELAS E TAL VEZ A MÁIS EFICAZ É A TRAVÉS DOS CONTOS EMOCIONAIS, ENTRE ELES: OS LIBROS DE MAUREEN GARTH UNHA PROFESORA AUSTRALIANA QUE TRABALLA A TÉCNICA DA VISUALIZACIÓN E A TRAVÉS DOS SEUS CONTOS TRABALLAMOS OS MEDOS, DURMIR CON TRANQUILIDADE, A FELICIDADE, A CALMA….
MINDFULNESS
REALIZAMOS DIFERENTES ACTIVIDADES DE MINDFULNESS, A TRAVÉS DAS TARXETAS 50 ACTIVIDADES MINDFULNESS. FACILITADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, ALGÚNS DELES: A MONTAÑA QUE SE ELEVA, ENRAIZADO COMO UNHA ÁRBORE, SACODE OS NERVIOS, MONTAR NA TRIPA..ETC
MÚSICA PARA RELAXAR : DESPOIS DE FACER DIFERENTES XOGOS DE RESPIRACIÓN PÓÑENSE NUNHA POSTURA CÓMODA OU TUMBADOS NO CHAN COS OLLOS PECHADOS E ESCOITANDO UNHA AUDICIÓN CON MÚSICA RELAXANTE E ACOUGADA. ALGUNHAS VECES EN CANTO ESTÁN A ESCOITAR A MÚSICA TEÑEN QUE PENSAR E IMAXINAR QUE ESTÁN NUN LUGAR MÁXICO, NO QUE SE SENTEN MOI FELICES. CANDO TERMINA A RELAXACIÓN CADA UN COMPARTE COS DEMAIS O SEU LUGAR MÁXICO, E COMO SE SENTE AHORA
SORPRESA:
SORPRESA:
DURANTE O CURSO EXPÓMOSLLE DIFERENTES ACTIVIDADES NAS QUE SE XOGA COA SORPRESA, PARTINDO DE CAIXAS SORPRESA, PAQUETES ENVOLTOS EN PAPEL DE AGASALLO, DESPOIS FALAMOS DAS EMOCIÓNS QUE LLES CAUSARON (SORPRESA, ILUSIÓN, ASOMBRO, INQUIETUDE…)
A MESA DA AMIZADE:
TAMÉN TRABALLAMOS A DIARIO E VARIAS VECES PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS: “A MESA DA AMIZADE”. NESTA MESA TEÑEN UNHA CAIXA CON PELOTAS ANTIESTRÉS CO EMOTICONO DE SORRISO E CORAZÓNS QUE COLLEN PARA RESOLVER O CONFLITO E APÉRTANA PARA LIBERAR A TENSIÓN MENTRES FALAN. Á SÚA VEZ, CANDO COMEZAN COLOCAN UN RELOXO DE AREA QUE É O TEMPO QUE TEÑEN PARA SOLUCIONALO E AO FINALIZALO TOCAN UNHA CAMPÁ. ESTA ACTIVIDADE TÉÑENA MOI ASUMIDA NO SEU FUNCIONAMENTO, SON AUTÓNOMOS PARA RESOLVELOS INDEPENDENTEMENTE QUE A TITORA COÑEZA O PROBLEMA PARA RESOLVER.
OUTRA ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POLO MENOS 3 DÍAS Á SEMANA MENTRES MERENDABAN, FOI O VISIONADO DE CURTAMETRAXES AUDIOVISUAIS DAS DIFERENTES EMOCIÓNS BÁSICAS. UNHA VEZ VISTO ANALIZÁMOLO A TRAVÉS DUN COLOQUIO NO QUE O ALUMNADO ACHEGABA O SEU PARECER ATA CHEGAR A PUNTUALIZAR OS MOTIVOS OU SITUACIÓNS QUE SON PROPIAS DA EMOCIÓN TRABALLADA. EN VARIAS OCASIÓNS CHEGAMOS A REALIZAR UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL TENTANDO FACER POLO MENOS UNHA DE CADA EMOCIÓN BÁSICA PARA CHEGAR A SENTILA VIVENCIALMENTE.
AS PEDRAS MÁXICAS, “QUITAMEDOS”
NO PROXECTO” A MITOLOXÍA GALEGA” E PARA FOMENTAR QUE O ALUMNADO SE INVOLUCRE A: TRAER INFORMACIÓN DO PROXECTO E EXPLICALO, COLABORACIÓN ENTRE COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, DISFRUTAR, E QUITAR MEDOS SOBRE PERSONAXES DO PROXECTO, FOMOS DANDO A PEDRAS QUITA MEDOS QUE A LEVABAN PARA A CASA CON GRAN ILUSIÓN PARA POÑER NA SÚA HABITACIÓN E SENTIRSE PROTEXIDAS E PROTEXIDOS DOS SEUS MEDOS.
O RINCÓN DA CALMA:
O ALUMNADO FIXO O SEU BOTE DA CALMA CON PURPURINAS, ESTRELAS DE CORES... CADA VEZ QUE SE ATOPABA ENFADADO, ÍRA, RABIA… ÍASE AO RECUNCHO DA CALMA CO SEU BOTE. ALÍ TAMÉN TEÑEN OUTROS MATERIAIS PARA PODER XESTIONAR A IRA, RABIA, ENFADO PERSOAL PARA CHEGAR Á
CALMA.
PROGRAMA DE GAMIFICACIÓN :“CLASSDOJO”
SERVE PARA OUTORGAR AO ALUMNADO PUNTOS (POSITIVOS OU NEGATIVOS) POR UNHA SERIE DE COMPORTAMENTOS QUE PODEMOS CONFIGURAR PREVIAMENTE. É IDEAL PARA AVALIAR DUNHA FORMA OBXECTIVA A PORCENTAXE DENTRO DOS CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN REFERIDOS AO COMPORTAMENTO, ACTITUDE, EMOCIÓNS…. OS VENRES FACIAMOS ENTREGA DE DIFERENTES AGASALLOS COMO ADHESIVOS QUE SE POÑÍAN NA FRONTE PARA LEVAR A CASA, CARTAS DE PERSONAXES FAVORITOS…, CONSEGUIAMOS QUE TODO O ALUMNADO MELLORASE NOS DIFERENTES ASPECTOS AVALIADOS E SOBRETODO NO SEU CONTROL EMOCIONAL POLA ILUSIÓN DE LEVALOS.
REALIZAMOS UNHA DRAMATIZACIÓN EMOCIONAL QUE SE CHAMA “A LENDA DAS EMOCIÓNS”. TRATA DUN XOGO DO AGOCHO, ONDE UNHA PERSOA CONTA E AS DEMAIS TÉÑENSE QUE ESCONDER E FARANO NUN LUGAR QUE DEPENDE DA EMOCIÓN Á QUE REPRESENTAN. POR EXEMPLO A DÚBIDA, NUNCA SE ESCONDE PORQUE CADA VEZ QUE O TENTA MENTRES ESTÁN A CONTAR DÚBIDA DO LUGAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario