COCIÑAR COS NENOS E NENAS É UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDA COA QUE, ADEMAIS DE PASAR UN BO RATO XUNTOS, EN FAMILIA, CONSEGUIMOS QUE ELES E ELAS TEÑAN CONTACTO DIRECTO COS ALIMENTOS: VENOS, TÓCANOS , ÚLENOS , MANIPÚLANOS... E APRENDEN O QUE PODE SER SAUDABLE PARA FACER COMIDAS RICAS E SAS.
AS RECEITAS PODEN TER VARIAS COUSAS EN COMÚN: OS INGREDIENTES, A FORMA DE ELABORALAS,… PERO NINGUNHA É IGUAL Á OUTRA, E QUIZÁIS A MESMA RECEITA NON SAIA IGUAL UN LUNS QUE UN VENRES OU DOMINGO.
POR ISO, CONVIDÁMOSVOS A ELABORAR A VOSA RECEITA EMPREGANDO OS ALIMENTOS QUE TENDES NAS VOSAS CASAS.
PODE SER UNHA RECEITA: DOCE OU SALGADA, FRÍA OU QUENTE,…
O DIVERTIDO VAI A SER PENSAR: PARA QUE MOMENTO A IDES A ELABORAR, OS INGREDIENTES, AS CANTIDADES E SOBRE TODO CON QUEN A IDES A ELABORAR.
POR ÚLTIMO, GUSTARÍANOS QUE NOS ENVÍARADES UNHA FOTO DOS NENOS E NENAS ELABORANDO A RECEITA, OUTRA FOTO CO RESULTADO FINAL NA QUE SALGA CADA RAPAZ E RAPAZA E UNHA TERCEIRA FOTO CON ALGÚN TRABALLO FEITO EN PAPEL DAS PROPOSTAS QUE VOS INDICAMOS A CONTINUACIÓN. AS FOTOS ENVIADELAS AO CORREO, ANTES DA FIN DE SEMANA.
moureverdev@gmail.com
ANTES DE FACER A RECEITA OU DESPOIS DE FACELA, PODEMOS REALIZAR VARIAS ACTIVIDADES COMO:
- CONVERSAR SOBRE COMO SON OS ALIMENTOS QUE ELEXIDES PARA A RECEITA: SE SON DOCES, SALGADOS, QUENTES, FRÍOS, SE SON FROITAS, VERDURAS, LÁCTEOS...COMO É A SÚA COR, ...
- FALAR SOBRE A ALIMENTACIÓN, CALES SON OS ALIMENTOS SAUDABLES E CALES NON...
- PODEMOS COLLER UN FOLLETO DE SUPERMERCADO E RISCAR OU RECORTAR ALIMENTOS
- TAMÉN CAL É O RITUAL QUE SE DEBE FACER PARA COCIÑAR: LAVAR MANS, LAVAR ALIMENTOS...
- DEBUXAR OS ALIMENTOS, INGREDIENTES...
- ESCRIBIR O NOME DE CADA INGREDIENTE CON LETRA MAIÚSCULA
- ANOTAR CON NÚMEROS AS CANTIDADES EMPREGADAS PARA A RECEITA...
- DEBUXARNOS VESTIDOS DE COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS.
- DEBUXAR A RECEITA TERMINADA
- DEBUXAR A FAMILIA DISFRUTANDO DA COMIDA.
- ...ETC.
SEN PROBALAS SEGURO QUE XA PODEMOS DICIR QUE ESTÁN DELICIOOOOOSAS!!.
😋
VEÑA NENOS E NENAS, AOS FOGÓNS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario