ANTE A SITUACIÓN QUE ESTAMOS VIVINDO, OS NENOS E NENAS VAN A TER QUE PERMANECER NAS SÚAS CASAS DURANTE 14 DÍAS, ISO SE ESTIMA.
IMOS A DARVOS UNAS PAUTAS PARA CONTINUAR CO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE DO ALUMNADO.
ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE PODEN REALIZAR SON:
- FAVORECER A EXPRESIÓN ORAL, EN DISTINTOS MOMENTOS: CONVERSAMOS SOBRE O DÍA QUE É, O TEMPO QUE FAI, PODEMOS CANTAR E LEMBRAR ALGUNHAS DAS CANCIÓNS DAS RUTINAS DE AULA, SECUENCIARLLES O QUE IDES REALIZAR DURANTE O DÍA PARA QUE CADA NENO E NENA PARTICIPE NA PLANIFICACIÓN, E FALAR DE CALQUERA COUSA QUE XURDA.
- SEGUIR TRABALLANDO A AUTONOMÍA: VESTIRSE, CALZARSE, ASEARSE, LAVAR AS MANS E COMER SÓS…, ABOTOAR E DESABOTOAR BOTÓNS, POR E QUITAR O ABRIGO. COLABORAR NAS TAREFAS DA CASA COMO: ORDEAR, RECOLLER, POR A MESA, AXUDAR A FACER ALGUNHA RECETA DE COCIÑA...
- DESENVOLVER A MOTRICIDADE GROSA DE FORMA QUE O ALUMNADO NON PERMANEZA MOITAS HORAS SENTADO, PODEMOS PROPORLLE ACTIVIDADES COMO: SIMULAR SER ANIMAIS QUE REPTAN, SALTAN, RODAN, GATEAN,…POÑER CANCIÓNS E BAILAR Ó RITMO DA MÚSICA MOVENDO TODO O NOSO CORPO, DESPOIS UNHA SOA PARTE COMO BRAZOS, PERNAS, CADEIRA,… E DESPOIS DUNHA ACTIVIDADE DE MOVEMENTO, VEN A CALMA A TRAVÉS DE A RELAXACIÓN, RESPIRANDO METEMOS O AIRE POLO NARIZ XOGANDO A INFLAR UN GLOBO E SACÁMOLO POLA BOCA DESPACIO DESENFLANDO O GLOBO. INFLANDO E DESINFLANDO A NOSA BARRIGA, PECHANDO OS OLLOS E SIMULANDO ESTAR NA PRAIA ESCOITANDO O MAR… ESCOITAR O CONTO DE "RESPIRA" (PINCHA NO CONTO NA PARTE ESQUERDA DO BLOG)
- DESENVOLVER A MOTRICIDADE FINA: XOGANDO CON MATERIAIS COMO AS PINZAS DA ROUPA, ENROSCAR E DESENROSCAR BOTELLAS, METER OBXECTOS PEQUENOS EN BOTELLAS DE UN EN UN, COMO: LEGUMES, ARROCES, E OBXECTOS COTIÁS. TAMÉN RASGAR FOLLETOS DE SUPERMERCADOS E QUE VOS AXUDEN A FACER A COMPRA PEGANDO NUN FOLIO, FACER BOLAS DE PAPEL GRANDES E PEQUENAS CON PERIÓDICO, MANIPULAR A PLASTILINA FACENDO CHURROS, CARACOIS, BOLIÑAS,…
- LECTO-ESCRITURA:
- LECTURA DE CONTOS COA POSTERIOR COMPRESIÓN DO CONTO A TRAVÉS DE PREGUNTAS, REALIZAR UN DEBUXO DO ARGUMENTO DO CONTO, DAS PERSONAXES.
- CONVERSAR SOBRE TEMAS QUE LLES INTERESE PARA QUE ADQUIRAN MÁIS VOCABULARIO.
- ESCRIBIR: O SEU NOME, OS DA SÚA FAMILIA, OS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA CLASE, OS DAS MESTRAS...
- UNIR FOTO E NOME, DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS
- LÓXICO-MATEMÁTICA:
- MANIPULAR OBXECTOS E MATERIAIS COMO: LEGUMES, PEDRAS, TAPÓNS, PINZAS, XOGUETES DA CASA. FACENDO: CLASIFICACIÓNS, SERIACIÓNS, CONTEO, AGRUPAMENTOS, TENDO EN CONTA CRITERIOS COMO FORMA, COR, TAMAÑO.
- RODEAR O DÍA DA SEMANA NO CALENDARIO E DEBUXAR O TEMPO QUE FAI.
- XOGAR COS NÚMEROS.
AO LARGO DE ESTOS DÍAS IREMOS METENDO VARIAS COUSIÑAS NO BLOG: CONTOS, CANCIÓNS, VIDEOS PARA INVESTIGAR... MIRADE NA PARTE DEREITA E NA PARTE ESQUERDA DO BLOG, AS NOVAS ENTRADAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario