ENVIÁMOSVOS AS ORLAS DAS DÚAS CLASES, PARA QUE O ALUMNADO POIDA XOGAR COS NOMES, POR SE NON ATOPADES A ORLA IMPRESA QUE FOI NO LIBRIÑO DE ADAPTACIÓN QUE LEVARON A CASA NO MES DE NOVEMBRO.
- XOGAR A PASAR LISTA COMO FAN NA ASEMBLEA
- CLASIFICAR EN NENOS E NENAS
- CONTAR CANTOS NENOS E CANTAS NENAS
- AGRUPAR SEGUNDO POLA LETRA QUE COMECEN OS NOMES
- CONTAR AS LETRAS DE CADA NOME
- AGRUPAR OS NOMES POR NÚMERO DE LETRAS
- COMPARAR NOMES LONGOS E NOMES CURTOS
- CONTAR AS LETRAS REPETIDAS EN CADA NOME
- ESCRIBIR OS NOMES DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS
- DEBUXAR A ALGÚN AMIGO OU AMIGA E ESCRIBIR O NOME DO AMIGO OU AMIGA.
- ESCRIBIR EN TODOS OS TRABALLOS O SEU NOME
- ESCRIBIR O NOMES DOS SEUS PAIS, AVÓS, IRMÁNS, IRMÁS, TÍOS... E VER SE COMEZAN IGUAL QUE ALGÚN COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA
- AGRUPAR AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS TENIENDO EN CUENTA ALGUNHA CARACTERÍSTICA FÍSICA: PELO ( LONGO, CON RIZOS, CURTO, RUBIO, MORENO...); OLLOS...
- CANDO FALEMOS CON ELES DE LETRAS NUNCA UTILIZAR O NOME DA LETRA, SE NON COMO SOA CADA LETRA, TAMÉN PODEMOS IDENTIFICAR AS LETRAS COMO FAN ELES FIXÁNDOSE NA INICIAL DE CADA UN. "..... É A LETRA DE OLIVIA; ,,,,,, SOA COMO A LETRA DE VERO..."
- UNIR O NOME COA FOTO DE CADA NENO OU NENA
No hay comentarios:
Publicar un comentario