8/5/24

DE PASEO POR MOURENTE

Hoxe saímos facer un pequeno roteiro pola contorna acompañados de Paco 💓 Levounos ata unha casiña próxima ao colexio onde puidemos coñecer ao burro Mariano e á cabuxa Rufina.



Alí contáronnos que viñeran de Lugo, que Mariano era pai dunha mula pequeniña... Tamén nos falaron dos hábitos de alimentación do burro e da cabuxa, así como da importancia de non deixar lixo tirado, xa que os animais poden comer por erro os restos de plástico que atopan.








 Tamén vimos  plantiñas da contorna: fiuncho, fentos, silveiras e moitas máis. 🌳🌿🌾🌽🌹🌼

Pasámolo moi ben MOITAS GRAZAS PACO POR FACER POSIBLE A VISITA!! 




3/5/24

FIN DO PROXECTO, CAL SERÁ O SEGUINTE?

Rematamos o proxecto inventos con varias actividades de repaso. 

Ademáis, deseñamos as portadas para os traballos do proxecto. Desta vez usamos punzóns, papel celofán, estrelas ... xa veredes o resultado.

 

Tamén fixemos figuriñas con pasta de sal, mirade:


Apróxima semana comezamos proxecto, cal será?

NACEN OS PITIÑOS!

Este xoves fomos comprobar se naceran os pitiños e atopámonos cunha sorpresa xenial: había unha chea deles!

Puidemos tocalos e acariñalos un pouco. Tamén fomos pasando por xunto a incubadora para ver como saían da casca.






🐥

ENCANTOUNOS A EXPERIENCIA!

NÍSPEROS E XIRASOIS

Como o ano pasado, aproveitamos a chegada do bo tempo para facer unha visita á horta do cole

Sementamos nísperos que nos trouxo Iria (GRACIAS, IRIA 💚) tamén sementes de xirasol.

 

Paco veu de axudante e explicounos como facer para sementar de forma axeitada.


Tamén observamos as fresas e varias plantas que estaban agromando na horta. Ademáis, nestes días vimos un niño de paporroibo que nos trouxo a profe Nieves, mirade que chulo:

 

 

En canto volva deixar de chover, volveremos ver como progresan as nosas plantiñas, medrarán?


 


TRIATLÓN PHOENIX

Preparados, listos....XA! Movemos moito o corpo nunha actividade coa asociación de triatlón Phoenix  na que practicamos diferentes probas, mirade:






PASÁMOLO MOOOOOOI BEN !

 

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

Para conmemorar o día do libro, as clases de segundo participamos nun apadriñamento lector

O alumnado de 6º foi o encargado de seleccionar lecturas para compartir con nós no patio. 





Para agradecerlles a lectura compartida, convidámolos a participar nun pequeno obradoiro de marcapáxinas que logo levaron de agasallo.

Gustounos moito esta experiencia, millóns de grazas ás nenas e nenos de 6º!


20/4/24

VOCABULARIO EN LSE

 

Todas as clases do colexio imos participar na creación dun banco de recursos de palabras en Lingua de Signos.

Cada nivel elixiu unha temática relacionada co proxecto a traballar. Segundo quedouse con vocabulario relacionado con máquinas e inventos. Podedes premer en cada palabra para practicar:

Plancha

Helicóptero

 

Avión

 Radio

Barco

Lentes

Ordenador

Escaner

Nevera

Tren

Radiografía

Teléfono móvil

Microondas

Televisión

Prismáticos

Tablet

Bombilla

Escoba

Cohete espacial

Lavadora

Autonómovil

Jeringuilla

Brújula

Lavavajillas

Bicicleta

💡