Neste novo proxecto sobre os INVENTOS estamos a ler sobre diferentes máquinas e aparellos, á vez que practicamos a lectura e a escritura con diferentes tarefas.
Xa limos sobre científicas e científicos, sobre inventos como a roda ou o avión, fixemos esquemiñas co lido, textos de opinión sinxelos, alongamos e creamos oracións con inventos, mesmo escribimos sobre un robot cheo de funcións sorprendentes!
Ademais, moitos compañeiros e compañeiras animáronse a traer da casa pequenas investigacións e manualidades sobre inventos da súa interese. Imos colocando todos os traballiños no corredor, en breves amosarémosvos o resultado.
De momento deixamos por aquí libriños que limos e compartimos na clase que poden ser de utilidade, tamén algún vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario