A semana pasada desfrutamos moito coa visita de Cristina, nai de Leo. Compartiu con nós un libro moi especial cheo de edificios, cidades e lugares sorprendentes:
Leunos sobre unha catedral feita de cartón, rañaceos construidos con adobe, un barrio baixo terra.... quedamos abraiados! Como ela é arquitecta, ensinounos moitas cousas sobre a construción e os diferentes materiais cos que se pode edificar. Falamos das cidades e vilas, e da importancia de ter zonas peatonais e verdes coas que poder desfrutar e xogar.
Aproveitando que estamos cos inventos, as máquinas e os aprellos, puxémonos mans a obra e os equipos crearon con pezas de lego diferentes edificios. Cada grupo decidiu unha forma e deseño.
Quedaron unhas construcións moi interesantes. Agora xa temos toda unha cidade en 2º!
Moitas gracias, Cris polo teu tempo e por esta proposta tan chula, ENCANTOUNOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario