21/1/24

O TRASNO DO VILAVERDE: DÍA DA PAZ E SALÓN DO LIBRO

Apareceu un trasno no colexio! Aquí podedes ler a súa historia:

Deseñaremos entre as clases do colexio uns complementos que lle darán ao trasno poderes máxicos, cheos de valores positivos. 

As clases de segundo xuntámonos para ler a historia e descubrir o noso complemento: NARIZ E LENTES MÁXICAS!

Logo, realizamos unha chuvia de ideas de poderes que poderíamos elixir. Cando xa tiñamos unhas cantas propostas, votamos as que máis nos gustaron.


Despois, escribimos e decoramos o acordado. Fixémolo individual e tamén fomos saíndo axudar a facer o traballo do nivel. 


O día da Paz, leremos o traballiño cos nosos complementos e os poderes máxicos que os acompañan! 

Este día tamén cantaremos e signaremos a canción "Los niños queremos la PAZ". Deixámola por aquí para que a practiquedes

:

Por último, teremos que crear a cabeciña do trasno, o NARIZ e as LENTES. Cando xa estea listo, formarase un libro máxico que acompañará ao trasno o 23 de febreiro ao Salón do Libro.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario