14/1/24

COMEZAMOS O TRIMESTRE: ESCRIBIMOS EN EQUIPO!

Para dar a benvida ao segundo trimestre, limos na clase o libro LA GRAN NEVADA, cheo de valores positivos sobre o traballo en equipo. Algunhas nenas e algúns nenos foron saíndo como contacontos.
 


Paramos a lectura no momento xusto de coñecer a solución que buscan os animaliños ó seu problema. Así, cada equipo tivo que pensar nunha solución e escribir un final ao conto seguindo unhas pautas sinxeliñas.

 Se todas as persoas do equipo remataban de escribir, podían pasar a decorar os seus xerseis  abrigadiños. E por que xerseis? Teredes que ler o conto! 😏😘


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario