Achégase o Samaín e por 2º xa andamos cos preparativos para celebralo.
Limos algúns dos cocos e monstros do Samaín en Galicia e fixemos varias actividades con eles:
-Conto coa meiga dos dentes verdes.
-Diálogo entre a meiga e o gatipedro para representar no noso teatriño. Fixemos tamén uns monicreques para a posta en escena.
-Descoramos o corredor e as nosas portas con seres máxicos da mitoloxía galega.
-Escribimos a descripción dun trasno e debuxámolo.
-Compartimos e lemos libros de Samaín.
-Practicamos vocabulario en galego e en LSE. Este vídeo está feito por IRIA a intérprete en LSE do noso cole.
-Tamén ensaiamos a canción en LSE que cantaremos e bailaremos no DÍA DO SAMAÍN !!! Xa queda pouco.
Deixámola aquí para que practiquedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario