13/10/23

DÍA INTERNACIONAL DA PARÁLISE CEREBRAL

 O pasado 6 de outubro foi o Día Internacional da Parálise Cerebral. Dende Amencer-ASPACE  ofrecéronnos realizar unha actividade moi especial 💫

Alumnado do centro Amencer veu ó noso cole para compartir unha mañá coas clases de segundo. Foi unha mañá cargada de emoción e na que realizamos varias actividades. 

Contáronnos o conto Leotolda, participou todo o alumnado de Amencer que nos visitou, mesmo puidemos axudar premendo nuns pulsadores para activar sons do conto.

Aquí estivemos moi atentos a cómo funcionaba o sistema de comunicación empregado polos nenos e nenas de Amencer.


 Ó rematar, puxémonos mans a obra para crear un cadro  co que queríamos representar que XUNTOS PODEMOS CREAR UN MUNDO MELLOR. Mirade que chulo (xa o temos colgado no corredor do cole).

 

Tamén tivemos tempo para coñecer ás nenas e nenos e xogar con eles nos seus dispositivos de comunicación. 


Finalmente, intercambiamos agasallos:

-Dende Amencer-ASPACE regaláronnos unhas chapas para lembrar o día Internacional da Parálise Cerebral.

-Nós entregámoslle a CAIXA DOS CARIÑOS. Durante a semana preparamos cartas de presentación, debuxos, pegatinas e mensaxes cariñosas para o alumnado de AMENCER. Gardamos todo nunha caixa que decoramos coas nosas sinaturas.

Moitas gracias a Mónica pola iniciativa e ó resto de mestres e alumnado de AMENCER-ASPACE. Esperamos poder volver colaborar con vós. 💗 FOI UNHA EXPERIENCIA QUE NON ESQUECEREMOS 💗

Deixamos aquí xornais que recolleron a noticia:

- LA VOZ DE GALICIA

- PONTEVEDRA VIVA

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario