19/9/23

PRIMEIRAS SEMANAS NO NOVO CURSO

Ola a todas e todos!

Estas primeiras semanas o alumnado de segundo estivo moi ocupado preparando o novo curso. Tadi e Josefina sacamos fotos ás agachadas mentres as cativas e os cativos estaban traballando, mirade que cousiñas fixeron:


Xogaron coas titoras Carmen e Silvia e coas novas profes, Nieves e Susi, a pasarse o balón e ir respondendo preguntas rápidas para aprender nomes e coñecerse.


Logo chegou unha carta nosa, acordábanse moi ben de nós!

Foi momento tamén de ler uns libriños, un deles viña cunha mensaxe moi especial. 


Creamos equipos e nomeámolos. Comentamos que un equipo é como unha pequena familia, neles  todas e todos son  diferentes, pero todas e todas se axudan a respetan sempre.  

Para traballar esta idea, usamos o conto LAS CASAS DEL MUNDO. Por equipos deseñaron as súas casas-equipo  e as normas de convivencia que son importantes nelas.



Repasamos as normas, por equipos xogamos a representalas, as profes van preparar carteis coas nosas fotos para a clase, xa veredes que chulos!



Seguimos tamén coas rutinas de mentalidade de crecemento, haberá obxectivos semanais que valoraremos a final de semana. Se os conseguimos, recibiremos un cerebrito!



Tamén limos diarios de verán.


 Difrutamos con contos como o Hilo invisible e actividades relacionadas:


 Xogamos e fixemos unha chea de cousas máis.


Seguiremos informando da nosa aventura por 2º!


No hay comentarios:

Publicar un comentario