Este curso seguiremos traballando as emocións e os valores necesarios para unha boa convivencia.
Coa axuda dunha caixa misteriosa, collemos tarxetiñas con emocións e xogamos a adiviñalas usando só xestos. Saíulles xenial e lograron explicar tamén un sentimento e capacidade moi importante: A EMPATÍA.
Ademáis, a profe Susi preparounos un contacontos co que aprendemos e disfrutamos moitísimo. Contounos a historia da bruxa Gertrudis e o valor da amizade. A próxima semana faremos as pulseiras da amizade que acompañaban a dinámica. GRACIAS SUSIIII
No hay comentarios:
Publicar un comentario