AS CLASES DE PRIMEIRO TIVEMOS O PLACER DE RECIBIR A VISITA DE TERESA, UNHA MAMÁ QUE NOS ENSINOU UNHA CHEA DE COUSAS SOBRE A PREHISTORIA.
PRIMEIRO CONTOUNOS QUE É A PREHISTORIA, CÓMO VIVÍAN, ALGÚNS INVENTOS E DESCUBRIMENTOS... MESMO NOS AMOSOU UNHA LANZA COA QUE CAZABAN.
GRACIAS A ESTA EXPLICACIÓN, OS NENOS E NENAS DEIXARON ATRÁS A IDEA DE CAVERNÍCOLA COMO PERSOA POUCO INTELIXENTE, DÉRONSE CONTA DE QUE OS HOMES E AS MULLERES DA PREHISTORIA ERAN MOI HABILIDOSOS POIS DESCUBRIRON O LUME E INVENTARON COUSAS TAN IMPORTANTES COMO A RODA OU A ROUPA.
LOGO, PASAMOS Á COVA DO VILAVERDE. FOMOS CASE A ESCURAS, SÓ COA LUZ DAS LANTERNAS. TERESA EXPLICOUNOS COUSIÑAS SOBRE OS ANIMAIS PREHISTÓRICOS: SABÍADES QUE O LEÓN DAS CAVERNAS NON TIÑA PELO? E QUE O RINOCERONTE ERA LANUDO CON PELIÑO PARA O FRÍO? 🐾🐾
NA VISITA Á COVA TAMÉN NOS CONTOU CÓMO SE FACÍAN OS PIGMENTOS NATURAIS. FOI MOI INTERESANTE APRENDER QUE UTILIZABAN UNHA PARTE DO CORPO QUE ESTÁ NO INTERIOR DOS ÓSOS, O TUÉTANO, COMO GRASA PARA ILUMINAR AS COVAS. ENSINOUNOS AMULETOS E ABALORIOS FEITOS CON DENTES E ÓSOS.
DE VOLTA Á CLASE, COMEZAMOS A CREAR AS NOSAS PINTURAS RUPESTRES:
- COMEZAMOS FACENDO A SILUETA COS CARBONCILLOS, CON AXUDA DE EXEMPLOS QUE COLGAMOS NO ENCERADO.
- DESPOIS ENGURRAMOS O PAPEL E VOLVEMOS REPASAR A SILUETA.
- O ÚLTIMO FOI ENGADIR OS PIGMENTOS : CAFÉ CON AUGA, ÓXIDO DE FERRO E TIZA BRANCA.
MENTRES DEBUXÁBAMOS, TERESA CONTOUNOS QUE FAI MOITO TEMPO, UNHA NENA FOI A DESCUBRIDORA DAS PINTURAS RUPESTRES DA COVA DE ALTAMIRA.
NON NOS PODEMOS ESQUECER DOS AGASALLOS QUE NOS DEIXARON NA CLASE: UNS CARNÉS DE EXPLORADORES PARA ENTRAR DE FORMA GRATUÍTA NO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO, E UNHAS POSTAIS DESTE LUGAR. ENCANTOUNOS!
GRACIAS POR TODO, APRENDEMOS E DISFRUTAMOS MOITO CON ESTA EXPERIENCIA!
😍
No hay comentarios:
Publicar un comentario