AS CLASES DE PRIMEIRO COMEZAMOS O PROXECTO DO CORPO HUMANO. PARA ISO, PREPARAMOS UNHA SORPRESIÑA: CADA CLASE TEN UNHA FIGURA MÁXICA QUE LLE IRÁ DEIXANDO RETOS CADA POUCO TEMPO. AS FIGURAS CHÁMANSE FILOMENA E LISARDO, AQUÍ AS TEDES:
DE MOMENTO XA APRENDEMOS SOBRE:
- AS PARTES DO CORPO EN GALEGO, APROVEITAMOS ESTE VOCABULARIO PARA ESCRIBIR UNHA DESCRICIÓN DE NÓS MESMOS E LER DESCRICIÓNS DE PERSOAS.
- O FÉMUR E A LETRA F, PUIDEMOS APRENDER SOBRE OS ÓSOS E O ESQUELETO, AS RAIOGRAFÍAS, MARIE CURIE ETC.
- FALAMOS DOS MÉDICOS, DOS INSTRUMENTOS QUE UTILIZAN, DO NÚMERO DE EMERXENCIA 112.
- RECIBIMOS O AGASALLO DUNS XOGUETES EN FORMA DE FONENDOSCOPIO, XERINGA, TERMÓMETRO, QUE DEBUXAMOS E UTILIZAMOS LOGO PARA XOGAR.
- BUSCAMOS POLA CLASE PARTES DO CORPO.
- FALAMOS DOS SENTIDOS...
APROVEITANDO O TEMA DO CORPO HUMANO, O ALUMNADO QUE VAI REMATANDO AS TAREFAS, PODERÁ DEDICAR UN TEMPO Á ESCRITURA CREATIVA CON CONTOS TROQUELADOS. MOITOS XA FIXERON MANCIÑAS CON HISTORIAS. NUNS DÍAS LEREMOS ALGUNHAS E COMPARTIRÉMOLAS CON OUTRAS CLASES.
AGRADECEMOS A PARTICIPACIÓN DOS NENOS E NENAS NO PROXECTO MEDIANTE LIBROS QUE TRAEN DA CASA, PEQUENAS INVESTIGACIÓNS, PUZZLES XIGANTES E MATERIAL QUE COMPARTIDES CON NÓS. CON TODO ISTO IMOS COMPLETANDO A EXPOSICIÓN DO CORREDOR E PENSANDO EN NOVAS PROPOSTAS PARA OS PEQUES. ADEMAIS ALGÚNS LIBROS, XOGO DE MÉDICOS E DEMAIS RECURSOS PÓDENOS EMPREGAR NO SEU TEMPIÑO LIBRE.
NESTAS SEMANAS IREMOS RESOLVENDO MÁIS RETOS PARA APRENDER MÁIS SOBRE O CORPO !
No hay comentarios:
Publicar un comentario