28/11/21

O DÍA DA PALABRA E OS ANIMAIS FANTÁSTICOS.


TRABALLANDO O NOSO PROXECTO DE MITOLOXÍA AS PROFES ENSINÁRONNOS UN LIBRO MÁXICO, QUE TIÑA ANIMAIS REAIS DEBUXADOS COS SEUS NOMES, PERO CADA ANIMAL ESTABA CORTADO EN TRES PARTES: CABEZA, CORPO E COLA. COMBINANDO ESTES CREAMOS ANIMAIS FANTÁSTICOS. COMO NOS GUSTOU MOITO, AS PROFES PREPARÁRONNOS XOGOS PARA OS RECANTOS PARA CREAR ANIMAIS FANTÁSTICOS A PARTIR DE DIFERENTES ANIMAIS REAIS.  COLLENDO A PRIMEIRA SÍLABA DE CADA ANIMAL COMPUXEMOS OS NOMES DOS NOVOS  ANIMAIS. DIVERTÍMONOS MOITO CREANDO PALABRAS NOVAS AS CALES NOS FACÍAN MOITA GRAZA. DE TODAS ELAS MEDIANTE UNHA VOTACIÓN DE TODA A CLASE ESCOLLEMOS A PALABRA GAÑADORA: 
EN 5 ANOS B: GATORA,  ESCRIBIMOS A SÚA DEFINICIÓN, ANIMAL FANTÁSTICO E MITOLÓGICO, COA CARA DE GATO, CORPO DE BOI E COLA DE RATO. 
EN 5 ANOS A; EMTISA, ESCRIBIMOS A SÚA DEFINICIÓN, ANIMAL FANTÁSTICO, CON CARA DE EMUAZUL, CORPO DE TIGRE E COLA DE SALMÓN 
COMO TODO O COLE CELEBROU O 23 DE NOVEMBRO, DÍA DA PALABRA, PEGANDO NUN MURAL A PALABRA DE CADA CLASE NUN CHAPEU DE MAGO, AS NOSA CLASE ESCRIBIMOS GATORA E EMTISA NO ORDENADOR E PEGÁMOLAS NUNS CHAPEUS VERDE E  VERMELLO,   NO MURAL DO COLE





No hay comentarios:

Publicar un comentario